Brutas vs Miñas Xoias
Querida Camille:
Son unha muller con exceso de educación e déficit de ocupación, aborrecida e bisexual, da xeración dos vinte e tantos. Namórome dos tios buenorros 'ben educados' polas súas nais. Eles síntense primeiro intrigados, e logo intimidados, pola miña ferocidade na cama. Estou namorada dun rapazolo afectuoso e sensible ao que teño aterrorizado. Debería esquecer o meu gusto polos homes e procurar unha femia con ganas de guerra?
Asinado: Too Sexy for the Boy desde Baton Rouge.
Querida Too Sexy for the Boy:
Este é un caso clásico do mito de Diana e Endimión: unha deusa maternal amazona pegando o seus beizos aos dun andróxino rapaz. Eu diría que o manteñas coma plato suplementario e que completes o teu menú con alimentos máis robustos. En canto ás femias con ganas de guerra, agardo que teñas máis sorte ca min!
(De Vamps & Tramps, Camille Paglia, 1994)
1 Comments:
Eu diría que o manteñas coma plato suplementario e que completes o teu menú con alimentos máis robustos
Enviar um comentário
<< Home