Grafía

Kooltura resesa.

fevereiro 20, 2005

Blue Movie

Por Jaap Kooijman
O realizador canadiano Bruce LaBruce descríbese a si mesmo coma o pornógrafo renuente. É un título axeitado, xa que a meirande parte dos seus filmes, incluidos No Skin Off My Ass, Skin Flick e Hustler White, reflicten o look e o ambiente dos filmes porno gai, pero sempre evitando ser totalmente explícitos. Coa excepción de Skin Gang (a versión porno de Skin Flick), todos os fimes de LaBruce suxiren máis o sexo explícito do que en realidade o amosan, e como resultado, máis que ofrecer imaxes para o pracer masturbatorio, os filmes de Bruce LaBruce esixen que repasemos o límite entre pornografía e o romance erótico.
De todos os filmes de LaBruce, Hustle White é o máis "mainstream", maiormente polo feito de estar protagonizado polo actor Tony Ward facendo do chapero Montgomery "Monty" Ward. Máis coñecido coma antigo mozo da estrela do pop Madonna (coprotagoniza os videos musicais de "Justify my love" e "Cherish"), Ward é á vez moi macho e vulnerable, un riquiño e encantador rapaz malo. Nunha das primeiras escenas, ollamos a Monti correrse mentres é penetrado por un dos seus clientes. A escena está intelixentemente entrecortada con imaxes dun avión aterrando, anunciando a chegada do escritor aleman Jünger Anger (interpretado por LaBruce), que chega ata Hollywood "por razóns antropolóxicas" - está a facer unha investigación para un libro sobre a prácitca da prostitución masculina no Boulevard Santa Mónica. En canto que Anger atopa a Monti, obsesiónase co misterioso chapero e segueo a todas partes. O desenvolvemento da relación entre o escritor e o chapero constitúe o argumento principal do filme.
Pero Hustler White é máis que unha comedia romántica gai, xa que as escenas do romance entre Monti e Anger están alternadas con escenas de prostitución. LaBruce co-dirixe o filme con Rick Castro, un fotógrafo ben coñecido polos seus foto-documentais sobre a prostitución masculina no Boulevard Santa Monica. Ainda que Hustle White non é un documental sobre esta prostitución, os actores son maiormente chaperos e estrelas do cinema porno gai (entre eles Kevin Kramer e Alex Austin que se interpretan a si mesmos) o que lle confire ao filme realismo e honestidade. Ao longo da metraxe, a voz en off de Monti informa a Anger, e polo tanto á audiencia, sobre os rituais da prostitución masculina en Hollywood, mentras se amosan escenas gravadas en marcha do Boulevar Santa Mónica, reforzando o tono documental do filme.
Ademais de ser á vez unha comedia romántica e un medio documental sobre a prostitución, Hustle White é tamén un catálogo da pornografía gai masculina e da desviación sexual. Nunha escena divertidísima, a estrela porno Kevin Kramer pasa unha entrevista para se converter en chapero permitindo que o foda un grupo de seis mangallóns. Non se mostra imaxe ningunha de exaculación ou penetración, pero a traves dunha rápida montaxe de primeiros planos de Kramer e os outros seis - centrándose nas expresións faciais e nas posicións máis ca nos espidos frontais - LaBruce consegue algo algo alén do sexo pornográfico. Enfatiza as convencións do porno gai (conven fixarse en que Kramer leva postos os calcetíns brancos), constrúea toma a toma, en non expon simplemente partes do corpo. As escenas que reflexan desviacións sexuais levan a Hustler White incluso máis alá, e (para algúns espectadores) quizais demaisado lonxe. Un chapero amputado contenta ao seu cliente co seu toco; o freaky dono dunha funeraria (interpretado convicentemente polo artista das performances Ron Athey) contrata chaperos nas rúas para momificalos con cinta de embalar; un vello masoquista quéntase deixando que o seu chapero o queime con pitillos. Estes extremos funcionan, porque non chocan, senon que complementan a romantica (ou romantizada) relación entre Monti e Jürgen Anger. En Hustler White, o romance e a desviación sexual van da mán e se reforzan unha á outra.
Ainda que Hustler White non documenta a "vida real" dos chaperos, e non debe ser percibida desa maneira, o filme consegue presentar unha imaxe honesta e convicencente da prostitución masculina no Boulevard Santa Móncia. Identifica o romance e o drama que é inherente á prostitución masculina, sen romantizala en exceso coma fan filmes tais como My Own Private Idaho de Gus van Sant, ou aínda peor, o Johns de Scott Silver - que anulan o radicalismo do sexo gai reemprazandoo con, respectivamente, un homoerotismo moi estilizado ou un romanticismo moi rosa. Pola contra, Hustle White amosa que o sexo gai hardcore pode ser tamén romántico; que unha cousa non exclue a outra.

5 Comments:

At 7:34 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 7:35 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 4:42 da tarde, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 4:38 da tarde, Blogger Unknown said...

Este comentário foi removido pelo autor.

 
At 12:47 da tarde, Blogger Unknown said...

Este comentário foi removido pelo autor.

 

Enviar um comentário

<< Home

|