Grafía

Kooltura resesa.

janeiro 13, 2005

Razóns para sermos optimistas.
Neste segundo extracto do seu novo libro, Jared Diamond revela por qué el é optimista con cautela sobre o futuro do planeta e describe as opcións que temos que escoller para protexer o noso medio ambiente.
Quinta feira, 13 de xaneiro do 2005, The Guardian.
A xente pregúntame moitas veces, "Jared, es optimista ou pesimista sobre o futuro do mundo?" Eu contesto, "Son optimista con cautela". Quero dicir que, por un lado, recoñezo o serios que son os problemas que encaramos. Se non facemos un esforzo decidido para solucionalos, e se non temos éxito nese esforzo, o mundo enteiro nas próximas décadas encarará un declive nos niveis de vida, e quizais cousas peores.
Esa é a razón pola que adico a maior parte dos esforzos da miña carreira neste momento da miña vida a convencer á xente de que os nosos problemas teñen que ser tomados en serio e que non van desaparecer por arte de maxia. Por otra parte, habemos ser quen de solventar os nosos problemas - se decidimos facelo. É por iso que a miña muller e máis eu decidimos ter fill*s hai 17 anos: porque miramos que había lugar para a esperanza.
Unha das razóns para a esperanza é que, de xeito realista, nós non estamos rodeados por problemas irresolubles. É certo que encaramos grandes riscos, dos que os máis serios están fora do noso control, como unha posible colisión cun asteroide do tamaño dos que chochan contra a Terra cada cento de millóns de anos, ou os horrorosos tsunamis como os que golpean o océano Índico. Pero tamén os hai que os xeramos nos mesm*s.
Xa que nós somos a causa dos nosos problemas medioambientais, nós somos quen os controlamos, e podemos escoller parar de producilos e comezar a resolvelos ou non. O futuro está aí para ser encarado. Non precismaos de novas tecnoloxías para solventar os nosos problemas; a pesar de que as novas tecnoloxías poden facer algo, o que precisamos é o desexo político de aplicar as solucións que xa existen.
Claro, que iso é o difícil. Pero moitas sociedades atoparon o impulso político necesario no pasado. As nosas sociedades modernas xa atoparon a vontade para solventar algúns dos nosos problemas, e para atopar solucións parciais para outos.
Outra das razóns para a esperanza é a crecente difusión do pensamento medioambiental entre a xente do mundo. A pesar de que ese pensamento xa leva moito tempo entre nós, a súa expansión acelerouse, especialmente desde a publicación da 'Primavera Silenciosa' no 1962. O movemento medioambientalista foi gañando adherentes a un ritmo crecente e actúa a traves dunha crecente diversidade de organizacións cada vez máis efectivas, non só nos EUA e na Europa senón tamén na República Dominicana e noutros países subdesenvolvidos. Ao mesmo tempo que o movemento ambientalista gaña forza a ritmo crecente, tamén o fan os riscos para o noso medioambiente.
Cales son as decisións que debemos tomar se queremos ter éxito e non fracasar? Hai dous tipos de eleccións que me parecen cruciais.
Unha desas eleccións depende da valentía de practicar o pensamento a longo prazo, e de tomar decisións claras, valentes e anticipatorias a tempo cando os problemas xa son perceptibles pero antes de que acaden proporcións de crise. Este tipo de decisións son a contrapartida ás decisións de curto prazo, as decisións de reacción que caracteriza tanto o labor d*s nos*s polític*s -"o pensamento para 90 días". Ao lado de tantos pésimos exemplos dese tipo de decisións curtas de miras están os exemplares casos de decisións a longo prazo tomadas no pasado, ademais dos casos actuais de moitas ongs, moitas empresas e moitos gobernos. Entre as sociedades do pasado enfrontadas a unha desastrosa deforestación, a Illa de Pascua e *s xefes Mangareva sucumbiron ás preocupacións inmediatas, pero *s xogúns de Tokugawa, *s emperador*s Incas, as terras altas de Nova Guinea e *s propietari*s de terras do século XVI na Alemaña decidíronse por unha estratexia a longo prazo e reforestaron. *s líderes chines*s tamén promoveron unha reforestación nas últimas décadas e prohibiron o comercio de maderia das fragas autóctonas no 1998. En canto ás empresas, as multinacionais norteamericas que teñen éxito (por exemplo a Procter&Gamble) non agardan a que se lles presente unha crise para re-avaliar as súas estratexias.
A planificación a longo prazo, valente e exitosa tamén caracteriza algúns gobernos e algún*s líderes, algún*s do noso tempo. Nos últimos trinta anos un continuado esforzo por parte dos gobernos dos EUA fixo que se reduciran en todo o país os niveis de seis dos maiores poluíntes do aire nun 25%, incluso a pesar de que o consumo de enerxía e a poboación creceron nun 40% e o número de kilómetros percorridos nun 150%.
A outra decisión crucial da que temos precedentes no pasado implica o valor de tomar decisións dolorosas sobre os valores dunha civilización. Cales dos valores que anteriormente serviron a unha sociedade poden ser mantidos baixo novas circunstancias? Cales deses valores tan amados deben ser sustituidos por diferentes aproximacións? Australia está a renegociar a súa identidade propia dunha sociedade agrícola británica. A xente de Islandia e moitas sociedades de castas da India no pasado, ou os rancheiros de Montana que dependen do regadío en tempos recentes, acadaron acordos para subordenar os seus dereitos individuais aos intereses do grupo.
Todo isto foi conseguido a pesar de ser particularmente dificil. A pesar de todo tamén é algo que afianza a miña esperanza. Poden servir como precedente para moitos d*s cidadá*s do primeiro mundo para ter o valor de faceren a máis fundamental das reavaliacións que hoxe encaramos: cantos dos nosos costumes como consumidor*s e canto do noso nivel de vida occidental podemos manter? Xa mencionei a probable imposibilidade de inducir a*s cidadá*s do primeiro mundo a reducir o seu impacto no mundo.
A alternativa, a de continuar co impacto actual, é aínda máis imposible. Este dilema faime lembrar da resposta do Wiston Churchill ás críticas á democracia: "Tense dito que a democracia é o peor sistema de goberno se non fora por como foron o resto das formas de goberno que se probaron" Co mesmo espírito, unha sociedade de baixo impacto é o escenario máis improbable do futuro - se non fora porque o resto dos escenarios é impensable.
En realidade, mentres que non vai ser fácil reducir o noso impacto, tampouco é imposible. Recordemos que ese impacto é froito de dous factores: a poboación, multiplicada polo impacto por persoa. En canto ao primeiro dos factores, o crecemento da poboación declinou drásticamente nos últimos tempos en todos os paises do primeiro mundo, e tamén en moitos do terceiro mundo - incluindo a China, Indonesia e Bangladex, que teñen a maior poboación do mundo, a cuatra e a novena respectivamente.
O aumento da poboación intrínseco do Xapón e da Italia xa están por baixo da taxa de reemprazamento, de tal maneira que a súa poboación existente (ie, sen contar coa emigrante) pronto decrecerá.
En canto ao impacto por persoa, o mundo non tería incluso que diminuir o seu consumo actual de madeira ou peixe: esas taxas poden ser mantidas ou incluso incrementadas, se os bosques e os bancos de piexes fosen xestionados apropiadamente.
A miña última razón para ser optimista é outra consecuencia da interconexión do moderno mundo globalizado. As sociedades do pasado non dispoñían da arqueoloxía ou da televisión. Hoxe, pola contra, prendemos as nosas televisións ou as nosas radios ou lemos os xornais, e vemos, oimos ou lemos sobre o que pasou unhas horas antes en Somalia ou en Afganistan.
Temos a oportunidade de aprender dos erros doutra xente ou do pasado. Esa é unha oportunidade que ningunha sociedade do pasado tivo tan a man. A miña esperanza é que suficiente xente elixirá aproveitar esa aportunidade para mudar as cousas.
Ten razón o Jared?
O autor de 'Collapse and Guns, Germs and Steel' falará online na quinta feira 20 ás 3 da tarde. Envia as túas cuestións e mensaxes para Jared Diamond agora aquí.

2 Comments:

At 7:38 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 6:12 da tarde, Blogger Desambientado said...

Gostei muito desta perspectiva que aqui foi apresentada.
Da minha parte obrigada pela partilha.

Penso que entenderás bem o Português.

Um abraço desde os Açores.

 

Enviar um comentário

<< Home

|