Grafía

Kooltura resesa.

janeiro 26, 2005

Memoria Eterna

Editorial. Quinta feira 26 de xaneiro do 2005. The Guardian

O 'Día en Lembranza do Holocoausto', a conmemorar mañá en todo o mundo por quinto ano consecutivo, foi elexido por coincidir coa liberación de Auschwitz polo Exército Vermello o 27 de xaneiro do 1945. Non hai outro nome que evoque con tanta facilidade o exterminio de seis millóns de xude*s - as principais vícitmas do xenocidio nazi. Sesenta anos despois, Auschwitz está a deixar de ser memoria viva para pasar á historia, a medidad que o número de supervivintes decrece, pero aínda hai unha alarmante ignorancia sobre o asunto, especialmente entre a xente nova. Levou décadas para que a enormidade do que alí tivo lugar fora coñecido amplamente. Pero hoxe non debería haber reservas sobre o feito resaltar o papel dos campos da morte no xeito de como recordamos a guerra que moldeou o século XX - ou sobre a necesidade de gravalo nas nosas mentes coma un triste e imborrable monumento á capacidade do trato inhumano entre a humanidade.
A escala e a intención da "solución final" de Hitler, e o número de participantes, aínda fan que o Holocausto sexa único, sen intención de diminuiri a maldade do que aconteceu en Cambodia ou Ruanda, ou o masacre xenocida dos bosnios musulmáns en Srebenica. O Holocausto ademais ocorreu terroríficamente perto de nós: moitas parroquias adicaron onte unha lembranza aos 72.000 xudeos franceses encirrados e enviados en camións de gando ás cámaras de gas e aos crematorios polacos; en Berlin Gerhard Schröder, o chanceler alemán, expresou a súa vergonza polo feito de que Hitler e os seus secuaces tiveran tan amplo apoio.
Pero hai unha lección universal que sacar do feito de converter a xentes de diferentes extraccións e crenzas (xitanos, comunistas e gais tamén sufriron e morreron nos campos) en parias - o primeiro paso, coma advertiu Primo Levi, cara ao exterminio físico. Así que resulta desfortunado que o Consello Musulmán de Britania non tome parte mañá nas conmemoracións británicas, comparando as actuais "limpezas étnicas, asasinatos en masa e abusos dos dereitos humanos" en Caxemira, Chechenia e Palestina co xenocidio nazi, que á súa vez rexeitan xustamente. Non ten sentido pretender que non hai ningun vencello entre a creación do estado de Israel e o sinuoso camiño que levaba a Auschwitz. E tampouco ten sentido pretender que o que pasou alí xa foi superado no seu infinito horror.

|