Grafía

Kooltura resesa.

dezembro 09, 2004

O pecado de ter fillos.
Segundo a doctrina da secta dos Cátaros, exterminada fai tempo, a procreación era un pecado e o noso mundo non era obra de Deus, senón do Demo. Como é lóxico, consideraban inmoral extender o territorio xurisdiccional deste aportandolle mediante a procreación novos súbditos.
Pero tamén para quen non comparte ese punto de vista, enxendrar un novo ser vivo continúa a ser un acto fatídico. Tanto, que son moitos os que voluntariamente se absteñen de facelo. Naturalmente, aínda restan bastantes que con plena consciencia se deciden polo contrario. Pero o feito de que dúas persoas coiden que son tan estupendas como para ter que deixar no mundo unha copia de si mesmos, e a circunstancia de que confien en poder conducir a vida dun novo ser de xeito que este, máis tarde chegue a ser "feliz", non constitúe tal falta de modestia e autocrítica que se pode afirmar que as persoas que se convirten en pais conscientemente representan sempre máis ben unha selección negativa da especie humana?
...
Nembargantes criticar aos propagadores da vida é un tabú que, afortunadamente, comeza a tambalearse. Hoxe en día xa se pode escribir -e así fixen eu no meu último libro- contra a prohibición papal de todos os medios fiables de control de natalidade, e calificala de política en favor da morte (pro mortem), posto que a Igrexa católica é culpable na súa zona de influencia da morte e a mutilación física e psíquica de millóns e millóns de nenos. O que a Igrexa católica chama nestes momentos, con insuperable cinismo, defensa da vida (pro vitae) é en realidade a concesión dunha patente de corso para o asasinato indirecto. O neno traído ao mundo por una muller que non o quere ter, é un ser humano condeado á morte psíquica. E un neno nacido dunha muller que non o pode manter (porque non poderá alimentalo) é un ser humano condeado á morte física.
...
Non é só a cínica política de poboación das autoridades da Igrexa católica a que nos levou a reflexionar, senon tamén outra moi diferente: a dos chineses. Mentres que nos Estados Unidos os que se opoñen á interrupción voluntaria do embarazo se lanzan furiosos e atacan literalmente a morte aos que opinan o contrario, na China xa fai varias décadas que se considera un pecado non abortar no caso dun segundo ou, como moito, dun terceiro embarazo.

De 'Prohibido Pensar' Esther Vilar, 1998.

|