Grafía

Kooltura resesa.

dezembro 21, 2004

Manifesto de A PIE.
A liberdade elemental de andar, de elexirmos o rumo dos nosos pasos, a liberdade de irmos ao encontro dos outros é o fundamento da vida en común. As cidades e os pobos baseáronse sobre esta liberdade. Precisamos da rúa, dos camiños, das prazas, do espazo público, para que nos permitan non esquecer que os demais tamén existen, que os demais non son faros en dirección oposta, nin protagonistas dunha noticia, senon corpos e vidas semellantes, eses corpos e esas vidas que dan sentido a todos os nosos actos.
Cada home, cada muller, cada ancián e cada neno que sae á rúa está decidindo non só a calidade da súa vida, senon tamén a calidade da vida do seu entorno. Está afirmando que non cre no illamento nin no individualismo. Está a elexir un mundo onde haxa espazos comúns. Pola contra, unha existencia vivida únicamente en caixas privadas, nos pisos, nos coches, nas computadoras e nos televisores fomenta a ilusión de que é posible ser feliz no medio da morte, da soidade. Ningunha situación humana é gratuita: cando se obriga a unha muller maior a ficar na casa porque non pode sortear as beirarrúas altas, os coches mal aparcados, a presa dos semáforos, estáse a elexir unha sociedade inxusta cos máis débiles. Cando se convirte unha rúa nun lugar de grave risco físico para os nenos e se lles forza a permaneceren illados á volta do colexio, estáselles negando a aprendizaxe do comunitario. Os peóns non estamos dispostos a aceptalo. Non nos parece xusto nin bo que non haxa espazos públicos para a calma, que sexa imposible camiñar con tranquilidade nunha rúas invadidas polo estruendo, pola hostilidade.
A través da asociación A PIE os peóns decidimos tomar a palabra e, mediante un conxunto articulado de denuncias, actividades e propostas, pasarmos á acción. A realidade non é algo que veña dado. A realidade, tale e como a estamos a vivir, é o froito dun fluido constante de decisións. Non hai edificio nin rúa nin beirarrúa que non foran decididas por alguén. A realidade constrúese e se os peón s permanecemos calados, se permanecemos inmóbiles, serán outros os que perseveren no deseño dun mundo que negue a equidade, que negue os espazos comúns, que procure só a satisfacción duns intereses particulares perentorios. O interese do peón é sempre o interese xeral, porque o peón non ten nada que non sexa seu. A beirarrúa dun peón é a beirarrúa de todos os cidadáns. O peón non é ruidoso nin insolente, non ameaza nin atropela. O peón non bloquea as esquinas, non apodrece a atmosfera, a enerxía do peón é renovable.
Hoxe, a finais do século XX, a situación de acoso que viven os peóns está chegando ao limite. E acosar ao peón significa poñer en perigo a última oportunidade que teñen as cidades de seren lugares de intercambio e de contacto, lugares onde non pareza unha loucura querer vivir unha boa vida, lugares onde aínda teña sentido o proxecto de constiruir unha comunidade xusta e prudente. A asociación A PIE quere defender ese proxecto e para iso proclama a liberdade de andar das persoas, porque sabe que a liberdade de andar é o punto de partida irrenunciable do noso dereito a elexir por qué camiño e cara ónde vamos.
Madrid, 1995.

4 Comments:

At 7:37 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 7:21 da tarde, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 2:24 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 5:03 da tarde, Blogger Unknown said...

Este comentário foi removido pelo autor.

 

Enviar um comentário

<< Home

|