Grafía

Kooltura resesa.

dezembro 21, 2004

Manifesto de A PIE.
A liberdade elemental de andar, de elexirmos o rumo dos nosos pasos, a liberdade de irmos ao encontro dos outros é o fundamento da vida en común. As cidades e os pobos baseáronse sobre esta liberdade. Precisamos da rúa, dos camiños, das prazas, do espazo público, para que nos permitan non esquecer que os demais tamén existen, que os demais non son faros en dirección oposta, nin protagonistas dunha noticia, senon corpos e vidas semellantes, eses corpos e esas vidas que dan sentido a todos os nosos actos.
Cada home, cada muller, cada ancián e cada neno que sae á rúa está decidindo non só a calidade da súa vida, senon tamén a calidade da vida do seu entorno. Está afirmando que non cre no illamento nin no individualismo. Está a elexir un mundo onde haxa espazos comúns. Pola contra, unha existencia vivida únicamente en caixas privadas, nos pisos, nos coches, nas computadoras e nos televisores fomenta a ilusión de que é posible ser feliz no medio da morte, da soidade. Ningunha situación humana é gratuita: cando se obriga a unha muller maior a ficar na casa porque non pode sortear as beirarrúas altas, os coches mal aparcados, a presa dos semáforos, estáse a elexir unha sociedade inxusta cos máis débiles. Cando se convirte unha rúa nun lugar de grave risco físico para os nenos e se lles forza a permaneceren illados á volta do colexio, estáselles negando a aprendizaxe do comunitario. Os peóns non estamos dispostos a aceptalo. Non nos parece xusto nin bo que non haxa espazos públicos para a calma, que sexa imposible camiñar con tranquilidade nunha rúas invadidas polo estruendo, pola hostilidade.
A través da asociación A PIE os peóns decidimos tomar a palabra e, mediante un conxunto articulado de denuncias, actividades e propostas, pasarmos á acción. A realidade non é algo que veña dado. A realidade, tale e como a estamos a vivir, é o froito dun fluido constante de decisións. Non hai edificio nin rúa nin beirarrúa que non foran decididas por alguén. A realidade constrúese e se os peón s permanecemos calados, se permanecemos inmóbiles, serán outros os que perseveren no deseño dun mundo que negue a equidade, que negue os espazos comúns, que procure só a satisfacción duns intereses particulares perentorios. O interese do peón é sempre o interese xeral, porque o peón non ten nada que non sexa seu. A beirarrúa dun peón é a beirarrúa de todos os cidadáns. O peón non é ruidoso nin insolente, non ameaza nin atropela. O peón non bloquea as esquinas, non apodrece a atmosfera, a enerxía do peón é renovable.
Hoxe, a finais do século XX, a situación de acoso que viven os peóns está chegando ao limite. E acosar ao peón significa poñer en perigo a última oportunidade que teñen as cidades de seren lugares de intercambio e de contacto, lugares onde non pareza unha loucura querer vivir unha boa vida, lugares onde aínda teña sentido o proxecto de constiruir unha comunidade xusta e prudente. A asociación A PIE quere defender ese proxecto e para iso proclama a liberdade de andar das persoas, porque sabe que a liberdade de andar é o punto de partida irrenunciable do noso dereito a elexir por qué camiño e cara ónde vamos.
Madrid, 1995.

|

dezembro 14, 2004

Se quixéramos ser heteras, seríamolo.
Os intentos de identificar unha base xenética da homosexualidade non queren aceptar que o desexo sexual é unha construcción social.
Julie Bindel, Terza Feira 14 de decembro do 2004, The Guardian.
Recordo un graffiti nunha parede de Leeds: "Miña nai fíxome unha lésbica", e embaixo: "Se lle dera a lá, faríame outra?"
Trinta anos despois de que a homosexualidade fora borrada da lista de enfermidades mentais recoñecidas, os cientistas persisten en buscar unha "causa", rexeitando aceptar que a sexualidade e o desexo sexual son construcción sociais, non determinadas biolóxica ou xenéticamente.
Na semana pasada produciuse a publicación do último esforzo por explicar as nosas raras atraccións. Aparentemente, as mulleres que toman pílulas para enmagrecer ou para a tiroide durante o embarazo teñen bastantes más posibilidades de parir fillos gais, e particularmente fillas lésbicas. Despois de estudiar a 5000 membros de organizacións gais e lésbicas canadianas e estadounidenses, e ás súas nais, aseguran que as pílulas para facer dieta baseadas en anfetaminas inxeridas nos primeiros tres meses do embarazo semellan determinar a sexualidade.
Este é un dos moitos estudios polo estilo, que xa se levan facendo cen anos. A historia destes experimentos non é moi edificante. Os nazis especializáronse neles, con idea de erradicar a homosexualidad. Desde entón, houbo innumerables intentos de identificar o "xen gai" ou outra base biolóxica sinxela para explicar a atracción polo mesmo sexo. Un dos estudios máis controvertidos foron os levados a cabo polo neurocientista Simon Le Vay no 1991, que asegurou que os cerebros dos homes gais eran "semellantes aos das mulleres". Logo viu o outro que "descubriu" que os rapaces con irmáns máis vellos tiñan un 33% máis de posibilidades de ser gais por mor de estaren no útero onde xa estivera un feto masculino.
Julie McNamara, especialista en enfermidades mentais da comisión dos dereitos dos diminuidos, está consternada con que os cientistas aínda se ocupen con estes temas. "Temos fame fora de control nos países en desenvolvemento, graves enfermidades para as que non hai cura, e especialistas que están a gastar tempo e diñeiro público nestes sensentidos. Pensei que xa aprendéramos que os pseudo-darwinismo é perigoso".
Cal é exactamente a finalidade destes costosos experimentos? Que os pais poidan decidir se abortar ou non despois de descubriren que o fetos podería sair unha lésbica peluda? Ou é por mor de que a maioría da xente non pode aceptar o feito de que todos poidamos elexir ser lésbicas ou gais?. Todos eses comentarios que as 'tortilleras' tivemos que aturar durante tantos anos, como "non sabedes o que vos estades a perder", veñen da crenza erronea de que camiñar pola "acera de enfrente" é unha desavantaxe. En realidade, moitas de nós sabemos o que nos estamos a perder. Se quixeramos ser heterosexuais, seríamolo.
Recentemente, cando estando por aí cun grupo de amigas, un home comezou a nos dar a lata, perguntándonos se estabamos soas. Respostámoslle que era un pouco difícil que seis mulleres xuntas estiveran 'soas' e mandámolo ao carallo. Isto provocou os típicos comentarios de "come conas" e "croios e cabalóns".
Contesteille que se el fora a alternativa ao lesbianismo, todas as mulleres faríanse lésbicas. A camareira preguntoume se realmente pensaba que se podía escoller. "Pensei que non o podias evitar", susurroume.
Buscando en varias revistas científicas descubrin unha ampla variedade de "explicacións" de por qué eu son lésbica, e sobre o que se supón que o causou. As lésbicas teñen tres veces máis posibilidades que as heterosexuais de sufrir unha desorde hormonal que cause infertilidade e excesivo crecemento do pelo. Doulle grazas a Deus por que eu descubrira a electrolise e por que nunca quixera ter fillos. Tamén, que temos o dedo índice máis longo do normal. Afortunadamente a miña ciruxán plástica é moi boa. Agora os meus dedos parecen os teus, só que teño un de máis. Aparentemente, tamén teño máis testosterona que as rapazas hetero.
Todas esas conclusións alimentan a idea de que hai algo errado en nós, as que pasamos da heterosexualidade. Moitas lésbicas e gais preferirían pensar que "naceron así" para conseguir simpatía e comprensión. A mediados dos 80, no medio da lexislación en contra da homosexualidade nas escolas, atrevinme a escribir nunha publicación gai que ser lésbica ou gai era unha escolla agradable. Asolagaronme con cartas que me explicaban os problemas que estaba a causar, porque se os heteros pensaban que eu escollera ser desviada, significaba que eu era a responsable, e non os meus xenes. Alguén dixo: "Sei que son gai desde os tres meses. Como pode ser iso unha elección?".
Obviamente estaba a esaxerar. É raro recordar algo antes dos dous anos de idade, a altura á que comezamos a socializar. So te tes que fixar nos berros pola barbies e polos action men dos bebés para mirar como se lle ensinan os rasgos de masculinidade e de feminidade xa case desde dentro do bombo.
Mentras que se pode entender que, en resposta á horrible homofobia que aínda prevalece en moitas culturas e sociedades, algúns na comunidade gai desexen culpar da identidade sexual a un xen picarón, isto dálle argumentos aos xenetistas reaccionarios que teñen unhas intencións funestas. Queren probar que todos aqueles que están fora da norma do grupo de brancos e heterosexuais en exercicio so inferiores. Non os debemos axudar.
Ser gai ou lésbica obviamente non é unha escolla coma elexir que prebe imos tomar coa pasta, senon máis ben unha mestura de oportunidades, sorte, casualidade e, para ser franca, valor. É unha escolla gratificante, e non precisamos que ninguén cun tubo de ensaio nos diga outra cousa.
Os heteros? Moitos son boa xente, pero non me gustaría que a miña filla casara cun deles.
Julie Bindel é a fundadora da Justice for Women.

|

dezembro 10, 2004

Ela non merecía isto.
'Onde está o doutor morte cando precisas del?', diría a miña nai. Pero a lei non lle permitiu unha morte sen dolor.
Polly Toynbee, Sexta feira 10 de Decembro do 2004. The Guardian.
Minten sobre o nacemento e sobre a morte. As modernas modas médicas levan aos inxenuos a crer que un bo nacemento e unha boa morte son simplemente unha cuestión de conseguir os coidados axeitados - un xeito natural de chegar ao mundo, e unha fácil "saída" natural ao final. Pero estes reconfortantes mitos non son totalmente certos e ás veces son perninciosos.
En canto ao comezo, o poderoso lobby a favor do nacemento natural leva a crer ás nais primeirizas que un nacemento sen anestesia é un gozo sen dolor, como se describe incorrectamente nas clases prenatais. O culto do parto natural disuade ás mulleres de solicitaren anestesia e outras modernas técnicas médicas que poden facer do parto un acontecemento indoloro e seguro.
Agora descubro que tamén minten sobre a morte. O mito moderno dí que nestes días unhas xenerosas e ben medidas doses de morfina administradas polas mellores equipas de coidados paliativos poden facer da saída final un se adormecer digno e sen dolor. Pero moitas veces non é así, e a xente debe sabelo.
A miña nai morreu hai tres semanas, despois de menos dun ano desque lle diagnosticaran un cancro terminal. Desde o principio encarou este desenlace inexorable con calma racional, sen medo a morrer pero coa determinación de evitar pasar por cousas que consideraba insufribles. Foi onda o seu avogado e asinou unhas últimas vontades. Pero deu o mesmo, acabou por pasar polo que quixo evitar, moitas semanas máis do que ela atopaba digno ou soportable: non foi xeito de rematar unha boa vida.
O Sistema Nacional de Saude non lle puido dar mellor trato, nin máis amable. As enfermeiras de distrito viñan dúas veces ao día a comprobar a bomba que lle introducía morfina no seu sistema sanguineo. Ofrecéronlle coidados, con todo tipo de equipos. Unha excelente equipa de coidados paulativos estaba dispoñible por teléfono as 24 horas do día, tiña asignada a súa propia enfermeira, sensible e considerada, que a visitaba regularmente. Tivo longas visitas na súa casa da facultativa de coidados paliativos do hospital. Todos eles fixeron todo o que puideron para mantela a gusto, sen dolor, sen se deprimir. Pero non foi suficiente. Ela quería algo que non lle podían nin lle querían dar, a pesar das moitas veces que llo pediu - unha morte fácil.
Os coidados paliativos como especialidade transformaron o tratamento dos pacientes terminais, dedicados como están ao alivio da dolor. Antes os doutores, interesados só na curación e no éxito, normalmente ignoraban a dolor dos casos terminais sen esperanza. É así como sendo os coidados paliativos hoxe tan bos que naceu o mito de que a morte non é para tanto: só tes que tomar a túa morfina e te metes nunha nube e durmes o soño dos xustos. A verdade é que a morte foi esterilizada con nocións reconfortantes sobre o feito de que ninguén hoxe en día ten porque deixar esta vida a través dunha cámara de tortura. Pero para moitos pacientes iso non é así, a pesar do bos que sexan os seus tratamentos.
Aínda así a profesión médica segue a alimentar o mito de que te poden garantir unha boa morte. Seguiron con isto onte, as poderosas cabezas da Asociación Médica Británica (BMA) e o Colexio Real de Enfermeiría (RCN) na súa carta ao Guardian. Opóñense ao proxecto de lei sobre asistencia á morte dos enfermos terminais proposta polo avogado dos dereitos humanos Lord Joffe, e que se está a debatir nun comité dos Lores.
Escribiron: "Sabemos que unha das situacións máis desequilibrantes xurden da ansiedade dos individuos sobre a posibilidade de perder a súa dignidade ao final da súa vida, combinada coa preocupación sobre a disponibilidade e a eficacia dos coidados paliativos. A RCN e a BMA cremos que co axeitado control da dolor, unha boa comunicación e apoio psicolóxico, pouca xente pensaría en pedir axuda médica para morrer". Parecen suxerir que unha boa xestión pode resultar nunha boa morte: pero, aínda os mellores coidados non poden asegurar iso.
A verdade é que a vella morfina nas súas variadas formas non é unha boa droga, pero é o que hai. Máis ou menos consigue parar a dolor intensa con altas doses, pero non todo o tempo. Esquécete de soños psicodélicos - atonta a mente de xeito desagradable ás veces con alucinacións inquietantes e, segundo admiten os doutores e en contra do mito, é depresiva. A miña nai non quixo vivir as súas últimas semanas, a pesares de ter unha chea de visitas e toda a súa familia a man. Noites longas, sen durmir pareceronlle interminables e a dependencia para todas as súas necesidades insufrible.
'Se fora un gato, levaríadesme ao veterinario para que me durmira' diría. Ou 'Onde está o doutor morte cando o precisas?'. Unha vez perdeu a súa independencia, non desisitiu do seu desexo de marchar para sempre. Sempre dixera firmemente que ela non quería pasar por iso - e mirábanos con tristura por permitilo. Os doutores e as enfermeiras acostumaban ser comprensivos pero despois do caso Shipman as normas se fixeron considerablemente máis ríxidas; moitos, que antes podían pedir ao seu médico de cabeceira unha inxección para poder marchar tranquilamente, agora teñen que seguir vivos contra a súa vontade.
A miña nai tiña suficientes pilulas de morfina na casa para matarse. Pero non era capaz de tragar sequera as que precisaba para manter a dolor a raia, así que imaxina as 50 que precisaría para se matar. Dicía que quería a sensación que a anestesía te dá antes dunha operación: a inxección que te noquea antes de que poidas contar ata cinco. Pero non hai doutor que o faga. A lei non lles permite aos moribundos esa saída.
Pediunos que a levaramos incluso a Holanda ou a Suiza. Pero dubidamos diante da idea dunha terrible viaxe cara á morte. Suplicou suficientes pilulas, pero descubrín que non podia contemplar a idea coller unha manchea delas e axudala a tragalas. Unha cousa é estar dacordo cos seus desexos pero outra moi distinta é ter que vivir coa memoria de que mataches á túa propia nai. Fun cobarde e ela estaba decepcionada comigo.
Non me sorprende nada que un estudio da Home Office descubriu que o 30% de quen axudou a morrer acaban por se suicidar a finais da súa vida, perseguidos polos seus recordos. É máis do que se lles pode pedir ás familias - a pesar de que unha enquisa do NOP concluiu que o 47% di que axudarían a morrer a un familiar con dolores terminais. (Pregúntome se realmente o farían, chegado o caso). A mesma enquisa mostra que un 80% está a favor de permitir á xente que o elixa, ser asistida na morte por un doutor: é unha porcentaxe esmagadora en favor do dereito a evitar unha dolor terminal insoportable e a perda da propia dignidade.
A profesión médica está profundamente dividida sobre a cuestión, e a conferencia da BMA por pouco vota a favor de mudar a súa postura. O Royal College of Physicians deixou de estar en contra, e pasou a ter unha 'estudiada neutralidade'. O comité dos Lores está esta semana en Oregon, estudiando as súas leis de 'morte con dignidade', e a próxima semana estará a estudiar as probas aportadas por dun grupo de organizacións, mentres a Sociedade pola Eutanasia Voluntaria está a organizar unha campaña vigorosa.
Pola contra, o Daily Mail está loitando furiosamente contra a eutanasia, co arcebispo de Canterbury e o cardeal católico clamando conxuntamente polo "respeito pola vida humana que en todas as súas etapas é a base da sociedade civilizada". Esa é visión relixiosa que os humanos deben respeitar, sempre que o seu creador o ordee. Pero o 80% da poboación non pensa que os moribundos deban sufrir máis alá do que poidan soportar. O goberno? Aposto a que han facer o que din os cristiáns e máis o Daily Mail, non o que pensa a grande maioría.

|

dezembro 09, 2004

O pecado de ter fillos.
Segundo a doctrina da secta dos Cátaros, exterminada fai tempo, a procreación era un pecado e o noso mundo non era obra de Deus, senón do Demo. Como é lóxico, consideraban inmoral extender o territorio xurisdiccional deste aportandolle mediante a procreación novos súbditos.
Pero tamén para quen non comparte ese punto de vista, enxendrar un novo ser vivo continúa a ser un acto fatídico. Tanto, que son moitos os que voluntariamente se absteñen de facelo. Naturalmente, aínda restan bastantes que con plena consciencia se deciden polo contrario. Pero o feito de que dúas persoas coiden que son tan estupendas como para ter que deixar no mundo unha copia de si mesmos, e a circunstancia de que confien en poder conducir a vida dun novo ser de xeito que este, máis tarde chegue a ser "feliz", non constitúe tal falta de modestia e autocrítica que se pode afirmar que as persoas que se convirten en pais conscientemente representan sempre máis ben unha selección negativa da especie humana?
...
Nembargantes criticar aos propagadores da vida é un tabú que, afortunadamente, comeza a tambalearse. Hoxe en día xa se pode escribir -e así fixen eu no meu último libro- contra a prohibición papal de todos os medios fiables de control de natalidade, e calificala de política en favor da morte (pro mortem), posto que a Igrexa católica é culpable na súa zona de influencia da morte e a mutilación física e psíquica de millóns e millóns de nenos. O que a Igrexa católica chama nestes momentos, con insuperable cinismo, defensa da vida (pro vitae) é en realidade a concesión dunha patente de corso para o asasinato indirecto. O neno traído ao mundo por una muller que non o quere ter, é un ser humano condeado á morte psíquica. E un neno nacido dunha muller que non o pode manter (porque non poderá alimentalo) é un ser humano condeado á morte física.
...
Non é só a cínica política de poboación das autoridades da Igrexa católica a que nos levou a reflexionar, senon tamén outra moi diferente: a dos chineses. Mentres que nos Estados Unidos os que se opoñen á interrupción voluntaria do embarazo se lanzan furiosos e atacan literalmente a morte aos que opinan o contrario, na China xa fai varias décadas que se considera un pecado non abortar no caso dun segundo ou, como moito, dun terceiro embarazo.

De 'Prohibido Pensar' Esther Vilar, 1998.

|

...
Distinto é o momento actual, cando a homosexualidad non pode, en rigor, ser considerada como un perxuizo para ninguén, senón todo o contrario, ou sexa, como unha importante axuda á solución do maior e máis inminente problema que asexa á humanidade e que é, sen dúbida ningunha, o da superpoboación cara á que galopamos dun xeito desenfreado e suicida.
...
Se se coloca unha colonia de ratas nun espacio limitado pero suficientemente amplo, estas crecen, desenvólvense e reprodúcense con toda normalidade. Agora ben, se dun xeito progresivo se lles vai reducindo o espacio do que dispoñen, chega un momento no que as funcións reproductivas deixan de se producir, e na colonia aparecen sinais claros de homosexualidade, homosexualidade que persistirá en tanto non se alteren as condición espaciais.
Pero atención, se o espacio se segue reducindo, chega un momento no que as ratas se volven agresivas entre sí, agresividade que vai en aumentoa medida que diminue o espacio e que se este se fai demasiado escaso, levaas a se devoraren entre elas.
...
E, antes de sobordar ese límite no que a agresividade se desata e a guerra se fai inevitable, non sería máis humano, colaborar coa natureza, potenciando ao máximo a homosexualidade, pera reducir en todo o posible o incremento demográfico?
Potenciar a homosexualidade, favorecela, promocionala, publicitandoa masivamente, non sería unha proposta interesante, por fortuna, e que á súa vez ofrecería á conciencia social a satisfaccion de saldar unha débeda de crueldade, da que xa moitos comezan a ser consicientes?
...
En canto transladar ao Terceiro Mundo, o respeito, primeiro, e o gusto, despois, pola homosexualidade, é algo que moi posiblemente se conseguira sen moito esforzo. O Terceiro Mundo mimetiza, por moito que as súas minorías intelectuais traten de impedilo, e aínda dentro das súas contradiccións, ao Primeiro, dun xeito rápido e masivo, cando esa mimetización está ao seu alcance. A estúpida moda dos gorros con viseira colocados en dirección contraria á lóxica, coa viseira sombreando a caluga e deixando os ollos desprotexidos fixo tal furor nos países subdesenvolvidos que se a tomásemos como termómetro do seu desexo ou necesidade de imitación, daríanos unhas porcentaxes elevadísimas.

De 'El Encanto Masculino', Francisco Ors, 2004.

|