Grafía

Kooltura resesa.

outubro 21, 2004

Feminista de casualidade.
Gabouse de ser unha ama de casa e só nomeou unha ministra. Pero mellorou Margaret Thatcher a vida das mulleres sen o propoñer, pregúntase Zoe Williams.
Quinta feira, 21 de outubro de 2004. The Guardian.
Un estudio publicado pola 'Sociedade Fawcett a favor da igualdade' mostra que, por primeira vez desde 1945 os tories teñen maior proporción de votantes masculinos ca femininas. Falando deste cambio durante a 'Hora da Muller' da Radio 4, Eleanor Laing, a deputada conservadora de Epping Forest e ministra da muller na oposición, comentou: "Se lle preguntas a unha muller se está dacordo coa política conservadora sobre a sanidade probablemente te dirá: 'Non sei cal é'. Pero se lle preguntas: 'Cres que os hospitais deberían estar máis limpos?' dirache que si. E esa é a política dos conservadores!"
A fraseciña di moito sobre a relación do partido coa súa base feminina (tómaas por parvas), así como da noción do feminismo na política. A señora Laing é claramente unha feminista en conflicto - moitas veces chamada a 'conservadora comprensiva' porque é unha nai solteira, pero enseguida solta e di "Ben, eu tiña un marido ao principio!"
No ano no que foi elexida primeira ministra, Margaret Thatcher dixo que "as mulleres deste país nunca tiveron un primeiro ministro que soubese as cousas que elas saben, nunca, nunca. E as cousas que sabemos son moi diferentes das que os homes saben". Pero era ela feminista dalgunha maneira? O lugar da Thatcher na histora do movemento das mulleres - e polo tanto, na histora das mulleres - debe ser visto dacordo coas seguintes preguntas: É posible afondar nos intereses das mulleres sen facer outra cousa máis que buscar o teu propio interese á vez que es ti mesma unha muller? É posible cautivar o voto feminino, avanzar nos seus intereses, sen seres unha feminista? Harriet Jones, a comisaria dunha nova exposición na Women's Library de Londres chamada 'As Donas de Ferro: As mulleres na Britania de Thatcher' comenta o seguinte: "É o feminismo o mesmo que o alcoholismo? Tes que saberte feminista antes de selo? Ou pode outra xente sinalarte como tal sen que ti o saibas?"
Non hai dúbida de que Thatcher sacou o maior partido de ser muller ao principio da súa carreira, cautivando ás amas de casa coa súa sabedoría fogareña. Nunha entrevista co Finchley Press no 1962 (foi a parlamentaria de Finchley desde 1959), compartiu as súas receitas do Nadal coas súas lectoras (os seus recheos semellan deliciosos), levando ao entrevistador a exclamar: "Como moitas nais, pensa que os mollos do pudding de Nadal son demasiado graxos para os seus fillos así que os serve con natas aos seus xemelgos, Carol e Mark"
Visto desde agora, da mesma maneira que moitos políticos masculinos bican nenos ou lle din ao Daily Mail o moito que lles poñía a súa muller cando a viron por primeira vez, a Thatcher probablemente tentaba parecer un pouco humana. As metáforas domésticas que introducía nos seus discursos - as referencias ás "multiples sabedorías prácticas dunha muller e dunha esposa"- eran simplemente recursos estilísticos. Os discursos que escribía en notiñas pequenas para que lle coubesen no bolso non significaban nada alén de que as usaba unha persoa que levaba un bolso, posiblemente un bolso demasiado pequeno.
É difícil determinar que quixo dicir a Thatcher con aquilo do "que as mulleres saben". Se se refería á intuición feminina, entón é motivo de risa. Se se refería ás vellas cousas prácticas que só as mulleres coñecen, entón debía estar a falar de parir (ou quizais da regra) e, de novo, é difícil concluir que tivesen algún efecto na política. En realdiade o único que fixo a Thacher polas nais foi conxelar os subsidios para os fillos, á vez que lle reprochaba que os deixaran no "caos dos xardíns de infancia dos centros de traballo"
A outra cousa que saben as mulleres e os homes non, é o fodido que é a discriminación sexual contra elas. A Thatcher soubo o que era cando estaba a facer campaña en Finchley, e queixouse varias veces, pero hai poucas probas de que tivese maior interese nas condicións de traballo do resto das mulleres. A Lei da Paga Igualitaria tal como a coñecemos foi aprobada baixo o seu mandato (no 1984), pero só foi unha reforma da lei orixinal do 1970. A nivel gubernamental, ademais, estivo moi pouco interesada no avance doutras mulleres. A baronesa Young estivo pouco tempo no gabinete, como lider dos Lords, pero a Thacther só nomeou oito mulleres para postos gubernamentais- e só unha chegou a ministra.
Aínda así a Thatcher deixou un legado, quizais non no movemento de liberación da muller, pero si certamente - e quizais máis importante- nas condicións prácticas nas que viven as mulleres, e nas nosas expectativas. No nivel máis básico, o feito de que unha muller ocupara o posto de maior nivel no país ten un impacto na paisaxe cultural: só nese sentido, a Thatcher expandiu os horizontes doutras mulleres e fixo moito para rachar os preconceitos sobre o traballo das mulleres.
Tamén se pode dicir que, dun xeito indirecto e sen intención ningunha, axudou a extender as nocións de feminidade na Britania. Cando as Spice Girls e semellantes recoñeceron o labor da Thatcher polo poder que lles deu ás mulleres, estaban a falar dalgo máis que só do feito de que existira. Estaban a falar do feito de que foxe belicosa, sen complexos, sen piedade e dura. Co xeito no que se desenvolvía e se manifestaba, pode que nunca tentase contradicir a maneira na que se supón que deben ser as mulleres (o cabelo sempre de perruquería e nunca un traxe de patalón), pero en termos da súa personalidade e, sobre todo, en cuestións de política, nunca mostrou ningún signo de debilidade "feminina".
Claro, isto tamén se pode usar en contra dela. Cando a atacaron por mor da súa neglixencia social e as súas políticas antisociais, tamén foi acusada de traicionar o seu propio sexo, tentando parecer un home nun mundo de homes. A metade da culpa daquela chanza de "Maggie Thatcher, a rouba leite" (despois de que acabara co subsidio que aseguraba leite gratis para os nenos máis pobres mentres era ministra de educación), levaba implícito o feito de ser 'unha muller contra natura': era como unha Lady Macbeth escachando o cranio do seu bebé mentres lle daba a teta.
A Thatcher traizonou as súas propias valoracións do que fai unha muller - era unha conservadora no social, en contra das nais solteiras, das nais traballadoras, das mulleres en xeral. Só fixo unha excepción consigo mesma. A falta de consciencia social, o desmantelamento das institucións do estado do benestar, o rexeitamento da responsabilidade do estado cos seus membros máis pobres, a énfase en "axudarse só a unha mesma" incluso en situacións absurdamente difíciles: eses eran os fundamentos do goberno da Thatcher, e a súa contribución á imaxe da muller na sociedade. Pero o seu impacto secundario, en termos de políticas de xénero, é que o feminismo agora é visto moitas veces como unha xustificación en parte, noutra parte un atallo, para a consecución do propio interese dunha, sempre que sexas unha muller. O estilo da Thatcher sobre o poder das mulleres non era máis que unha prolongación das súas ideas capitalistas.
Moito antes de que a elexiran como a súa lider, os Tories eran considerados máis progresistas cos Traballistas sobre os dereitos das mulleres. Isto tiña moito que ver co poder dos sindicatos e co feito de que, tomados en conxunto, o seu apoio aos dereitos laborais das mulleres era parcial e ambivalente. Naturalmente, había moitos sindicatos que loitaban polos dereitos dos seus membros femininos e, de paso, de todas as mulleres. Nos 80, a Unión Nacional d*s Empregad*s Públic*s publicou folletos sobre o dereito ao aborto que ía máis alá das súas reivindicacións como sindicato. Tamén había sindicalistas poderosas, e importante apoio das mulleres ás folgas e outras accións.
Pero o feito foi que, moitas das industrias monolíticas que definían a cultura dos sindicatos eran predominantemente masculinas, por razóns prácticas e tradicionais. Os homes tamén estaban decididos a recuperar os traballos que as mulleres foran quen de realizar durante a guerra. Os traballos nas minas, nos peiraos, nas altos fornos - todos eran a tempo completo e ocupados por homes. As mulleres, polo xeral, so podían poñer pé no mercado de traballo a través dos contratos a tempo parcial, e os sindicatos estaban moi en contra deses contratos. Por razóns moi sensatas - incluso hoxe os dereitos da xente que traballa a tempo parcial están desatendidos con respeito aos fixos. Calquera mudanza para promover os traballos a tempo parcial acababa inevitablemente beneficiando aos patróns.
Pero curiosamente a resistencia dos sindicatos a estas novas prácticas perxudicou ás mulleres - perxudicou a súa entrada no mercado laboral e aos seus dereitos cando estiveran dentro. Cando a Thatcher sucedeu ao Callaghan no 1979, había 487 sindicatos, con 13 millóns de afiliad*s. Agora só hai 200 sindicatos con 7,4 millóns de afiliad*s. Acabar cos sindicatos foi posiblemente o máis famoso legado da Thatcher - e foi o que acabou con ela tamén. Houbo sete leis sobre os sindicatos e o emprego durante o seu mandato, incluida a prohibición dos piquetes secundarios e sobre a disciplina de quen non se une a unha folga, e a introducción das eleccións pechadas. Como demostraron grupos como as Mulleres contra o Peche das Minas, non hai reducción de dereitos d*s traballador*s que non acaben por afectar aos dous xéneros. É incluso moi discutible, e difícil de probar, que sen botar abaixo aos sindicatos, a entrada das mulleres no mercado de traballo fora ser máis difícil ou levara máis tempo. Pero sería absurdo, por outra parte, pensar que facilitar a entrada no mercado de traballo das mulleres era o que tiña en mente a Thatcher.
Un enorme retrato da "Moi Honorable Margaret Thatcher e os seus conselleiros no conflicto das Malvinas", na base da RFA en Northolt, di moito sobre a Thatcher e o feminismo. Aí está, cun amplo vestido branco, representada coma un anxo misericordioso entre moreas de homes uniformados, falando sobre o seu desproporcionado ataque sobre unha illa sobre a que tod*s estamos dacordo que non precisabamos moito e que agora non sabemos qué facer con ela. Tiña pouco interese en mellorar a imaxe pública da muller, ou en promocionar a carreira doutras mulleres; non tiña interese na paz, ou en calquera outra materia que poida ser considerada "feminina". Se mellorou as condicións das mulleres, foi pola casualidade de que nacera muller. Nun nivel práctico, non mellorou as condicións das mulleres para nada. Pero para aquelas de nós para as que o noso mundo mellorou, e vimos como as nosas oportunidades se expandían (se tiñamos a orixe, a riqueza, a educación e as circunstancias para maximizalas), a Thatcher fixo algo inigualable. Por certo, é unha groseiría se así e todo eu a siga odiando?

7 Comments:

At 12:21 da tarde, Anonymous Anónimo said...

San Diego is having a Hot Rod Halloween on Sunday, October 30. If you love import car show pic then you will want to be there! All kinds of import car show pic will be in attendance. For more information go to import car show pic
See Ya There!!

 
At 9:02 da manhã, Blogger Brian said...

Hey, you have a great blog here! I'm definitely going to bookmark you!

I have a 2005 best safelist site/blog. It pretty much covers 2005 best safelist related stuff.

Come and check it out if you get time :-)

 
At 7:15 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 5:24 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Hey, you have a great blog here! I'm definitely going to bookmark you!

I have a email lead marketing resort site/blog. It pretty much covers email lead marketing resort related stuff. Plus you can advertise to billions using our email lead marketing resort tools.

Come and check it out if you get time :-)

 
At 1:48 da manhã, Blogger Roberto Iza Valdés said...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

 
At 10:30 da tarde, Blogger Unknown said...

Este comentário foi removido pelo autor.

 
At 4:32 da tarde, Blogger ابو خوخه said...


ارقام شركة مكافحة حشرات بالاحساء

 

Enviar um comentário

<< Home

|