Coñece a Madonna da madureza.
Despois de 20 anos de inventiva incansable, Madonna non só está aínda no cúmio senon que semella unha nai de dous fillos felizmente casada e entusiasta do yoga - unha decepción para os críticos que cren que a estas alturas debería estar sendo castigada polos seus pecados. Nas vésperas da súa xira polo UK, recordamos a Primeira Dama do Pop.
Barbara Ellen, Domingo 1 de Agosto de 2004, no The Observer.
A escena ocorre no United Centre en Chicago, onde Maddona está a piques de comezar a última xeira da súa xira Re:invention. Desde o meu asento nun lado do escenaio podo vela preparandose nos camerinos, poñéndose na posición do cangarexo que fixo que os críticos dos xous precedentes se abraiasen coa súa flexibilidade ("Aos 45!")... e sinalasen que levaba arnés ("Despois de todo, ten 45"). Non vexo ningún arnés desta vez cando Madonna sube polo escenario, aínda na posición do cangarxo, e logo se mantén sobre a súa cabeza.
Os seus danzaríns comezan a baixar do teito con asas, vestidos dun xeito que suxire que escaparon en masa dun casting de Les Miserables. A Madonna ten un look sensacional, a pesares de que o seu centelleante corsé e as súas botas ata as coxas son tan
camp que semellan
camp espacial. Vendoa moverse cos seus danzaríns, recordo que Boy George dixo unha vez que ela era coma un maricas atrapado no corpo dunha muller. Agora mesmo, no sentido máis agradable, semella coma se o maricas saíra para fora.
A medida que o espectaculo avanza (antigas cancións:'Frozen', 'Papa don't preach', 'Holiday'; novas cancións: 'Nothing Fails', 'American life', 'Hollywood'; cancións horribles: 'Hanky Panky', 'Die Another Day'; e cancións inesperadas: 'Imagine') o xeo derrétese, e é coma se Madonna fora acompañada no escenario pola neboa de verdades e mentiras, preconceptos e malentendidos, que a levan perseguindo todos estes anos.
De repente corre sobre unha fita móbil cara á fronte do escenario e sobe a unha estructura que a eleva sobre a multitude. Alí fica por un momento, regada de adulación, entrelazando as súas pernas nas barras: obsevándonos, observandoa...
No comezo de 'Vogue' Madonna pregunta. 'Qué estades a mirar?'. É unha pregunta á que semella pertinente contestar agora mesmo. O seu cadraxésimo sexto aniversario está a chegar, e leva máis de 20 anos de duro esforzo no cumio. Este ano tamén é o vixésimo aniversario de 'Like a Virgin', non o seu primeiro éxito, pero posiblemente o que a apartou da récua do pop común, a inxenua quente que ensinaba un
moxie inapropiado para a súa idade mentres se movia co seu vestido de noiva, anunciando ao mundo que o seu último amante a fixo sentir 'brillante e nova'. Non era virxe - todo o mundo o podía ver- pero incluso entón Madonna xa se baseaba na ironía e na metáfora case tanto coma na liña de ollos.
Agora mesmo, ela non é tan brillante ou nova. Hai novas de que os tickets dos seus xous se venden moi despacio e as vendas do seu actual album, American Life, foron as peores da súa carreira. Ao contrario do que aconteceu co seu Erotica do 1992, outro pouco vendido, publicado xunto co seu famoso libro Sex, esta vez o contido semella ser o culpalble e non a controversia que acompañaba ao outro. Para min, unha vella fan de Madonna, American Life semella ter demasiadas homilías da Cábala (Amémonos uns aos outros, non sexas ruin) e demasiada pouca diversión. Foi unha decepción despois dos seus dous albums previos: Ray of Light, unha peza mestra introspecitva producida por William Orbit e que documentaba o rexurdir creativo e persoal de Madonna, e Music, producido por Mirwais, unha explosión case física de brillos, ocasional electronica e vivo comentario social.
Máis sinais de alarma sonan a medida que Madonna semella ter perdido o seu xenio, retirando o video con temática militar do seu single 'American Life' no momento que estourou o conflicto do Iraq. No xou de Chicago pasou unha chea de tempo paseandose en roupa militar e exhibindo unha pistola, así que quizais cambiou de idea - pero daquela considerou que as imaxes de helicopteros, de explosións e dun imitador de Bush encendendo un puro cun chisqueiro en forma de granada eran inapropiadas.
Estes días, Madonna apareceu no xou televisivo do Jonathan Ross. A última vez que Ross a entrevistara foi como ver coma un rapaciño era maltratado por unha feroz tigresa devoradora de homes. Desta volta Madonna parecía amansada e insegura, constantemente tocando os dedos e movendose na silla. Falou de como non lle gusta a súa imaxe e semellaba que o sentía. Ross incluso consegui dicir que a súa nova música non estaba feita para el e Madonna - Madonna!- consentiullo.
No final da entrevista eu estaba vendoa en completo silencio. Topeime con Madonna, entrevisteina no 1995 no seu apartamento de Nova York, e entón ela era unha muller tan brillante, decidida, apabullante que falaba sen medo e con propiedade sobre calquera cousa, desde a arte da felación ata de deus, da violación, da misoxinía ('É coma un aura- unha nube negra que levan con eles') e sobre todo o que hai polo medio.
Cando me contou que a agrediran sexualmente recén chegada a Nova York - a primeira vez que falaba do tema- comenteille que incluso algo como aquilo podería ser considerado coma unha cínica estratexia publicitaria . Riu secamente: "Hai xente que cre que todo o que fago é unha estratexia publicitaria. Pensan que incluso cando vou ao baño é unha estratexia publicitaria."
Sentíase que fora deshumanizada, convertida nunha 'cousa'?
'Si (malicioso) - pero todas as iconas o son'.
Non hai dúbidas sobre isto: a muller que coñecín daquela podería comer ao Ross de almorzo e usar ao Michael Parkinson coma estropallo para limpar o plato. Esta Madonna, esta última Madonna, non se parece en nada. Faite pensar qué demo estará a pasar: onde está situada agora Madonna? Qué podemos pensar dela? Qué pensa ela de si mesma?
Ao longo dos anos tivemos unha chea de Madonnas entre as que escoller. Nacida Madonna Louise Veronica Ciccone nunha numerosa familia italo-americana de clase media en Bay City, Michigan, no 1958, era de feito unha nada probable candidata para se converter na máis grande estrela mundial e consumar cambios radicais. Moita da súa historia persoal xa se convertiu en lenda: a morte da súa nai cando ela tiña sete anos, as rebelións consecuentes, a fuxida cara Nova York para 'trunfar', o cambio de carreira cara a música disco, o estrelato repentino, os crucifixos e as ideas claras ('Perdín a virxinidade pensando na miña carreira')
Pronto Madonna non só estaba 'trunfando', estaba inventandose - ou máis ben reinventandose. Desde entón, as Madonnas sucederonse rapidamente: Tontita, a zorrona, a Católica chalada, a señora (venenosa) Penn, a boneca disco, o fendello, a puta, a pallasa, Evita, a terra-nai, a muller de negocios calculadora con corset. E con elas viñeron o desfile de viles e humillantes noivos. Deixando aparte a Carlos Leon, o pai de Lourdes, os homes de Madonna estiveron maiormente distinguidos por poñela a parir despois de deixalo. 'Se fora un cadro sería un abstrato de Picasso porque ten tantas caras' dixo o Vanilla Ice. 'É tan agarrada que se lle nota a leguas' dixo o Jimmy Albright. E, por suposto, Warren Beatty na famosa toma de Na Cama con Madonna: 'Ela non quere vivir fora da cámara, xa non digamos falar se non hai cámara". Ela non deixaba de publicar daquela, tamén, pero a vida de Madonna sempre foi moito máis estudiada ca súa arte.
Hoxe en día as cousas suavizaronse considerablemente. Madonna xa non vai facer jogging polos parques rodeadas de gardacostas coma nos oitenta. Xa non bota pecados nos programas de televisión ou sae con amigas lesbianas para provocar aos media. Desque deixou o catolicismo pola cábala, a igrexa xa non ten a menor escusa para se sentir ofendida coma cando ela bicou un Xesús negro no video de 'Like a prayer' ou facía que se masturbaba no escenario no súa xira Blond Ambition. Xa van 12 anos desde que Madonna escandalizou o mundo publicando Sex, un ensaio de fotografía erótica que fixo que Norman Mailer dixera que non era suficientemente porco ('non hai fotos de conas'), pero que o resto do mundo mercou para se asegurar de se sentir repugnados.
Recentemente todo ten que ver co yoga, coas dietas macrobióticas, outro filme malo (Swept Away) a engadir ao seu currículum de luces e sombras, un album así así, un anuncio para a Gap coa Missy Elliot e unha serie de libros para crianças inspirados pola cábala que están a millerios anos luz literarios do Sex. A cousa da cábala é divertida e confusa para os extraños, pero se re-baptizarse a si mesma Esther e levar un brazalete vermello lle fai sentir a gusto coa súa vida, quen somos nós para a xulgar? Dito o cal, seguir unha pola do xudaismo que semella aniquilar o ego debe ser a hostia de duro para unha muller que unha vez declarou que non sería feliz ata que foxe 'máis famosa que deus'.
Madonna é clara sobre a súa inclinación pola Britania - o país que lle deu un marido, o director de filmes Guy Ritchie, e un fillo, Rocco - ás veces adulandonos sen reparos:"Incluso a persoa máis parva da Britania é máis lista cos Americanos". E aínda así semella que temos unha relación de amor-odio con Madonna: innumerables artigos de revistas sobre cal e cal non tenda está agora de moda porque a icona do estilo pasou por diante dos seus escaparates--- seguida de máis páxinas sobre o arrogante que é, as caras ao Eve Lom da súa filla, o desagradable que é coa xente que invade a súa finca. E por suposto o titular inmortal que leva aparecendo regularmente desde 1986: está acabada Madonna?
Quizais toda esta tolemía ten que ver co estilo de vida pretendidamente normal que leva a Madonna na Inglaterra (fish and chips, pintas de Guinness e sair con Gwyneth Paltrow). Ou quizais é máis fondo que todo iso.
Son eu soa, ou é certo que a moita xente lle disgusta a maneira na que unha grande, mala, e ambiciosa Madonna conseguiu sortear unha especie de 'castigo kármico', que alguén condeada a vivir un destino solitario, atope a felicidade familiar na súa cuarentena? Claro, moita xente non atura todo iso de 'somos unha parella/lavamos o coche xuntos/facemos a cábala xuntos/collemos a guitarra e cantamos cancións folk escocesas' que sae da casa dos Ciccone-Ritchie (por non falar do feito de que o Ritchie supostamente chame Mamá á Madonna). Unha muller díxome que ela non pode entender se o que lle escamaba era o efecto Guy ou o feito de que Madonna non pare de repetir que ten unha vida persoal perfecta. Pode chegar a entender que Madonna estea casada, pero unha Madonna casada satisfeita, para nada. Outras tenden a crer que isto é unha parodía da feliz vida domestica, o último disfraz de Madonna.
Non estou segura. Paréceme que unha muller que perdeu a súa propa nai cando era unha neniña pode ser a candidata ideal para debezar a estabilidade familiar. Pero a cousa vai máis alá: trátase da mega-fama e como sobrevivir a ela. Posiblemente, Madonna transcendeu a fama do pop para se convertir no primeiro mega reality show (A Grande Irmá? A Grande Nai?). Ela é alguen que vive na fronteira entre a vida e a arte é quen de sobrevivir. Por suposto, se Madonna fora un personaxe de ficción, só podería manter a simpatía do público se estivera a pagar o prezo do seu comportamento antinatural. De feito, debería estar a vivir soa nunha poeira mansión de Hollywood sen nenos, amargada, comportandose coma unha Norma Desmond baixando por unha escaleiras ao estilo das de Foise co Vento, unha horrorosas garras amosando os seus diamantes ao mundo ('É hora de me retirar'). Pola contra está felizmente casada e con dous nenos preciosos, todo lle vai ben - moita xente non é quen de aturar todo iso.
Tamén é extraordinario como, despois de todos estes anos, algunha xente, normalmente homes, aínda non son quen de tragar a idea de Madonna, a relevante música con talento, compositora e interprete. Na mente dalgúns sempre sera unha oportunista, unha manipuladora dos media, que constriu toda a súa carreira, a traves das décadas e dos continentes, de pura casualidade. Non contan para nada os seus innumerables números 1, os exitosos albumes, a constante evolución creativa, a provocación e o atrevimento, os máis de 20 anos no cumio dunha das máis incertas industrias de todos os tempos.
'Cherish', 'Like a prayer','You'll see', 'Frozen', 'Mer-girl', 'Gone', 'Impresive Instant' - de onde sairon esas cancións, e outras? Do todo a cen dos singels de éxito? Parte da lenda urbana que rodea a Madonna di que as cancións que di que escribiu son colaboración, e as que son colaboracións non teñen nada que ver con ela. Incluso hoxe te topas con idiotas nas festas que delcaran solemnemente que Madonna non ten verdadeiro talento: 'É unha excelente muller de negocios que sabe como venderse'. E a xente se pregunta por qué Madonna se está a queixar constantemente do sexismo na industria da música (para ser unha chica pop sempre tivo unha boca moi sucia)
Semella que a medida que a Madonna se fai vella, mais ganas teñen de calala, afastala e cubrila, debido á súa avanzada idade (un ano máis vella co Morrissey). Pero coa súa imaxe e a súa excelente forma, por que razón ten para facelo? Sorprende que ela poida facer complicados exercicios de ioga no escenrio noite tras noite na súa xira mundial e a tachen de 'acabada', mentras que o David Bowie pode espichala no escenario por problemas cardíacos e ninguén suxire que se retire.
Isto non quere dicir que Madonna non cometa erros. Maiormente nos últimos tempos, o bico a tres con Britney Spears e Christina Aguilera nos premios da MTV foi un erro de cálculo, tan só porque mostrou como a diferencia de xénero o determina todo- incluso a mega-fama, incluso Madonna. Dito claramente, foi unha penosa forma feminina de chamar a atención ou de pasar a batuta que non lle entraría na cabeza a ningunha icona musical masculina equivalente. A idea de que alguén coma Paul McCartney collera ao Noel Gallagher e lle metera un morreo só é soportable sabendo que nunca vai pasar. Os 'tios' estaría demasiado ocupados facendo un 'dúo' (a pesar de que podiamos falar todo o día sobre que significa que se apunten mutuamente coas súas guitarras)
Mentres falamos de homes, semella claramente que a maioría deles non entenden Madonna da mesma maneira que o fan as mulleres. Non me estou a referir á fabulosa base de fans gais leais que ten, ou incluso á súa vida amorosa (aínda que antes de Ritchie e a maternidade ela parecía unha abandeirada da loita para facer quedar mal á heterosexualidade). Refírome a onde reside realmente a base do fenómeno Madonna; nomeadamente ao espectro demográfico das mulleres entre os vinte e tantos e os cuarenta e moitos, que debería ter por dereito propio un nome baseado en Madonna (A nacion Vogue? As True Blues?). Un dos logros menos mencionados de Madonna é seguramente o feito de que durante máis de 20 anos leva sendo o totem global que inspira ás mulleres que creceron con ela. Mentres que é recoñecido mundialmente que Madonna inspirou á primeira xeración de 'aspirantes' ninguen semella preguntarse onde están agora, e qué pasou con elas, ou, máis exactamente, que non aconteceu con elas.
Semella o caso que Madonna pasou a ser máis importante para esas fans ao longo dos anos (cando moitas de nós francamente nos convertimos en 'non aspirantes'). Un libro meu, Soño con Madonna, unha colección de soños de mulleres sobre La Cicconne, recolle fermosamente como ela invadiu o sub-consciente das mulleres ao longo dos anos. Pero non é sempre cuestion de soñar con Madonna ou incluso de pensar neal. As mulleres adultas teñen vidas ocupadas, e ninguén ten tempo para sentar e pensar obsesibamente sobre estrelas do pop multimillonarias, pero permanece o feito de que é unha extraña combinación de confort e excitación saber que Madonna aínda anda por aí, facendo as súas couas, publicando fabulosos discos, amando os seus nenos, gozando do seu home, practicando as súas coreografías, loitando contra as continxencias do día a día. Unha muller que coñezo celebrou o seu 37 aniversario cun brinde a Madonna, un xesto irónico pero probablemente máis común do que pensas. Ao contrario do que moitos homes, que levan gastados 20 anos discutindo se a Madonna era suficientemente puta ou non para os seus gustos, ten máis que ver coa amistade que co sexo para nós.
Pensaba nisto cando fun ver a Madonna actuar no seu xou de Chicago. Non foi a mellor actuación da Madonna que vin - non tan boa coma a Blond Ambition ou tan sentida coma a Drowned World- pero foi instructivo vela actuar en América, o lugar que a encumbrou. América é tan grande, que sintes que foste tragada viva, convertida en irrelevante e anónima, no momento no que pos o pé no aeroporto. Faite sentir un renovado respecto pola xove e orfa Madonna Ciccone, a pequena-muller-que-puido (e foi) unha das primeiras en mirar á mega-fama aos ollos e gañarlle no seu propio terreo.
O público era unha mestura dispar: familias, homes gais, grandes grupos de homes bebendo cervexa dun xeito heterosexual, incluso quen semellaba ser un converso á cábala que levaba unha pancarta que dicia 'Raiña Esther'. E, por suposto, alí estaban os grupos de mulleres nunha noite para elas, de todos os tipos, todas as idades, todas disfurtanto xuntas, mercando os seus posters e programas por 30$, e bailando cun desenfadado sentido do abandono cando sonou 'Holiday'. Escoitei a un grupo delas ao redor do programa: 'Ah, encántame este look, e este, e neste tamén". Era como a mesma carreira de Madonna: unha grande selección cultural de aquí e acolá, sempre con algo que lle guste a alguén.
Así que, a qué estamos mirando. Pode que Madonna xa non sexa unha inspiración para as rapazas novas (alomenos non da maneira xigante como o foi nos oitenta), pero desde logo que o sigue a ser para moitas outras mulleres máis vellas (e homes) só por estar viva, e iso só xa a fai incriblemente importante. Engade iso á súa música, ao seu estilo, ao seu humor e á súa cordura (pensa no Prince ou no Michael Jackson e no que se puido converter) e non pola primeira vez Madonna, agora no 2004, é unha influencia positiva indispensable.