Grafía

Kooltura resesa.

julho 30, 2004

Os cambios de sexo non son efectivos, din *s investigador*s.
David Batty.
The Guardian, sexta feira 30 de Xullo, 2004.
Non hai evidencias defintivas de que as operacións de cambio de sexo melloren a vida d*s transexuais, existindo moita xente que fica gravemente incomodada e incluso con tendencias suicidas despois da operación, dacordo cunha investigación médica levada a cabo en exclusiva para o Guardian Weekend de mañá.
A investigación de máis de 100 estudios médicos internacionais sobre transexuais despois de se operaren elaborada pola "unidade intelixencia agresiva de sondaxe" (Arif) da Universidade de Birmingham non atopou ningunha evidencia robusta de que a operación de reasignación de sexo sexa clínicamente efectiva.
O Guardian pedíulle ao Arif que levase a cabo unha investigación despois de falar con varias persoas que lamentaban cambiar de xénero ou crían que o coidado médico que recibiran non as preparou para as súas novas vidas. Explican porque están infelices co seu cambio de sexo e como levan as consecuencias no magacín Weekend de mañá (31 de Xullo).
Chris Hyde, o director do Arif, declarou: "Hai unha grande incertidume sobre se cambiar o sexo de alguen é unha cousa boa ou mala. Mentres non hai dúbida de que se ten moito coidado de que *s pacientes axeitad*s se sometan a unha reasignación de sexo, aínda hai un grande número de persoas que pasan pola ciruxía pero fican traumatizadas - incluso ata o punto de cometer suicidio."
Arif, que aconsella ao Sistema Nacional de Saúde (SNS) nas West Midlands sobre os datos relativos aos tratamentos sanitarios, atopou que a maioría da investigación médica sobre o reasignamento de xénero era pobre, o que levaba a pensar que as operacións de cambio de sexo eran beneficiosas.
O seu estudio advirte que os resultados de moitos dos cambios de reasignación de xénero non teñen base porque os investigadores perden a pista de máis da metade dos participantes. Por exemplo, nun estudio de cinco anos de 727 transexuais operados publicado o ano pasado, 495 persoas abandonaron por razóns descoñecidas. O doutor Hyde di que a alta taxa de abandono reflicte os altos niveis de desilusión ou incluso os suicidios entre *s transexuais operad*s. El pide que as causas de morte sexan estudiadas para obter máis datos.
O doutro Hyde di:"O fondo da cuestión é que aínda que está claro que algunha xente vai ben coa reasignación de sexo, a investigación dispoñible non asegura cantos pacientes o levan mal, e se é así, cómo de mal."
Hai ao redor de 5.000 transexuais operadas no UK, dacordo co grupo de transexuais Press for Change (Loita polo Cambio) (PCF). Estímase que ata 400 cambios de sexo levaranse a cabo este ano no SNS e na privada. Cada operación cústalle ao NSN ao redor de 5000€, mentres que os pacientes da privada pagan uns 13000€ pola ciruxía.
Christine Burns, da PCF, dí que a investigación dos grupos de transexuais suxiren que a ampla maioría dos transexuais disfrutan dunha vida moito máis feliz despois da ciruxía.
A señora Burns engade que as maiores faltas da literatura médica sobre a reasignación de xénero atópanse neses estudios non favorables á xente transexual. Por exemplo, un estudio está baseado nunha enquisa de sete prostitutas transexuais entrevistadas nun bar gai de Chicago. (sic)
Ela di: "O feito de que a investigación estea mal construida non fai quedar mal á xente trans, senon á xente na que deberíamos confiar para o noso coidado. Se el*s "perden" a metade dos pacientes que el*s deberían estudiar a pregunta é por qué?. Coma levamos repentindo non é moi difícil conseguir que a xente trans veña e colabore nas investigacións se están apropiadamente construidas e concevidas co benestar da xente en mente."
A investigación nos EUA e na Holanda suxire que ata un quinto dos pacientes arrepíntense de cambiar de sexo. Unha investigación do 1998 da Directorio de Investigación e Desenvolvemento da executiva do SNS atopou unhas taxas de suicidio de ata o 18% apuntadas nalguns estudios médicos sobre reasignación de xénero.
Andrew McCullock, o xefe executivo da Fundación de Saúde Mental, escribiu á ministra da saúde mental, Rosie Winterton, reclamándolle un "estudio en profundidade" dos efectos a longo prazo das operacións de cambio de sexo. Quería que o Instituto Nacional de Excelencia Clínica, que decide que tratamentos deben ser ofrecidos polo SNS, elabore unha guía sobre a reasignación de xénero.
Os psiquíatras especializados na transexualidade, que aseguran que os pacientes deben mudar de sexo, están dacordo en que é precisa máis investigación científica sobre o asunto. Pero Kevan Wylie, secretario do comité de traballo sobre as desordes na identidade de xénero do Real Colexio de Psiquiatras di que todas as vidas d*s pacientes melloraron drásticamente despois da operación de reasignación de sexo.
O doutor Wylie engade que foi dificil levar a cabo unha investigación no resultado da reasignación de sexo, ou comparar os seus efectos con tratamentos alternativos, porque o transexualismo era "unha esperiencia tan escasa". O ciruxán urolóxico James Bellringer, que leva feitas máis de 200 cambios de sexo nos últimos catro anos, asegura que tentar levar a cabo unha investigación que supoña estudiar un grupo controlado de pacientes transexuais aos que se lles negue a ciruxía e as hormonas non sería ético.
O señor Bellringer, que traballa na maior clínica de identidade de xénero do SNS no hospital da Charing Cross no oeste de Londres di: "Non creo que ningunha investigación que negue a*s pacientes transexuais o tratamento pasaría un comité ético. Non hai outro tratamento que funcione. Ou te fas a operación ou levas unha vida miserable. Un quinto da xente que non se somete ao tratamento comete suicidio."

|

julho 29, 2004

O choio.
Oficios para o recordo.
Un bestiario de Grace Morales.
(Leano completo no Mondo Brutto nº 14, inverno do 1998)

A Biblia, grande libro de sabedoría popular e fanta-ciencia, do que aprendimos case todo o que sabemos, explicanos moi clariño que iso do traballo foi a triste consecuencia de ter os humanos por primeiros pais a uns lerchos, quen, non satisfeitos con levar a grande vida no parque de atraccións que era o Xardín do Edén, tiveron que fuchicar na árbore da ciencia, co resultado de todos coñecido: perda da bonaza e inocencia orixinal e unha maldición que chega ata os nosos días, aquilo tan bonito de "gañarás o pan co suor da túa frente", cousa por outra parte moi difícil de ver nos nosos días, debido a que xa case ninguén come pan e a que a maioría traballadora, agás excepcións, case nunca sua. Quizais vostedes tamén leran nalgun libro antigo que, aparte desa imaxinativa fábula da maldicón do todopoderoso Xehová, o mesmo asunto foi estudiado tempo despois por uns señores de barba e cabeza grande que decidiron que iso do traballo se debía a cousas raras como á tranformación da materia, a acumulación da riqueza, a desigualdade de clases, a famosísima Parábola do Peite (coñecida fora de Mondo Brutto como a lei da plusvalía) e un sinfín máis de conceptos liantes que, segundo din alguns enterados, están por completo out e fora de lugar. Nada nos pode congratular máis. Por fin eses anoxantes termos de ricos e pobres, empresarios e obreiros, dereitas e esquerdas, perderon todo o seu significado... agás, -que pena, sempre hai algo que destroza a estatística-, para aqueles que non son donos dunha empresa, non posuen saneadas contas a prazo fixo e, polo xeral, para todos os que viven ao que se chama (ao mellor, chamábase, quén sabe) "a cuarta pregunta ". Pero, en fin, o plantexamento, nó e desenlace do traballo son temas que deixamos pespectuosamente en mans dos grandes sabios, entre os que sinceramente, non nos atopamos en Mondo Brutto (nin temos a intención de facelo nunca). Este modesto artigo ten como protagonista non ao Traballo, misteriosa entelequia, senon ao Choio, grosa expresión popular, resultante da non menos hirrísona "Choiante" ou "Currito", o emblema da nosa paisanaxe e a nosa condición máis española.
OS QUE ESTÁN DENTRO: A OFICINA SINISTRA.
...
Para ambientar o fabuloso ambiente que se vive en calquera choio, imos tomar coma exemplo o sector administrativo, que é, por penosas experiencias vividas en carne propia, o que máis coñecemos. O ambiente nas oficinas, sexan do tipo que sexan, é sempre o mesmo horror: esas moquetas espantosas, esa calefacción ou aire acondicionado criminais, as mamparas opacas que recordan ás comisarias (para o caso...), eses posters de paisaxes absurdas, cando non do pobo do empresario ou da súa señora, as inevitables fotocopias dos chistes de Forges ou Ricardo y Nacho, os cartaces retranqueiros que se tiran do arquivo de gráficos do Wordperfect, as cadeiras con rodas imitación coiro, as sillas ortopédicas, as computadoras con gardapantallas coa foto da familia do administrativo, ou no mellor dos casos, dunha tía en bolas, a macetas medio mortas co vaporizador ao lado, etc, etc. E o personal, que é con moito o peor. Poñamos por caso unha oficina de xestión. Os xefes, dous ou tres gordos sebosos cun traxe indescriptible, pasan toda a súa xornada quedando con xente igual ca eles, que veñen visitalos no bar de embaixo ou nas típicas reunións nas que se comentan as mellores xogadas do partido do domingo, o vacaburra e mandona que é a esposa, o boa que está a recepcionista e asínase o balazo do mes, utilizando un léxico incomprensible, pero que viste moito, como " hai que desenvolver unha prespectiva en base aos productos a elevar que require unha planificación dos recursos". A continuación virían os axentes máis novos, vestidos igual cos vellos, pero cun toque máis moderno, o que se traduce en garabatas co Pato Lucas e uns penteados actuais (de fai uns dez ou doce anos): a raia ao lado cun flequillo que cae graciosamente pola fronte ou o definitivo cabelo cara a atrás con gomina. Estes tamén apestan a colonia, pero agora e ACB ou outra semellante. Pasan a xornada visitando a clientes e facendo informes, comentando as mellores xogadas do partido do domingo e a borracheira que colleron no pub de moda, o moito que pillaron e o boa que está a recepcionista. Despoís temos ás secretarias, que se dividen nas vellas que se escangallan, pero que aínda gritan máis que ninguen e van pintadas coma portas (e vestidas coma floreiros); e as novas, exactamente o mesmo, pero en contemporaneo: falando a berros, facendo moito rudio cos tacóns ao andar pola oficina, comentando o avanzado que vai o piso que se están a mercar co seu mozo e o puta que é a recepcionista. A recepcionista, por certo, é unha nena de dezaseis anos, de Móstoles, que non sabe apenas ler nin escribir, pero manexa -ao seu xeito persoal, como o manexa todo o mundo - Microsoft Office, fala inglés (que é mentira, pero dá o mesmo, porque é a oficina dunha empresa de Rivas VaciaMadrid de saquetas do lixo) e di "Mu Güenos días, señá Ramírez", cobra 35.000 por media xornada e non entende o que lle mandan facer.
...
Total, que, constatada a inutilidade manifesta dos nosos dirixentes e a concienzuda estupidez dos dirixidos, só nos queda agardar a que aconteza alguna desas cousas para acabar co choio e os seus problemas, e cun pouquiño de sorte, con todo o persoal: a III Grande Guerra, un tremor planetario ou, no mellor dos caso, que nos invadan os extraterrestres e voltemos TODOS a traballar co pico e a pala (e unha cadea no pescozo) ás ordes dos homiños verdes. Mentres ese momento non chega, lean Mondo Brutto nas súas horas laborais, que é o mellor.

|

julho 27, 2004

Pensa dentro da caixa.
Tan só modificando un pouquiño os planos contra a conxestión no tránsito dos Traballistas poderíase tamén solventar o problema do exceso de velocidade.
George Monbiot. Terza feira, 27 de Xullo do 2004.
The Guardian.
Cada ano os números recórtanse un pouco, e cada ano son benvidos coma se dun trunfo se tratase. Britania ten agora a mellor taxa de seguridade nas estradas de Europa. Só morreron 3.508 nas nosas estradas o ano pasado, e só 171 eran nenos. Só 33.707 ficaron gravemente feridos. Que alegría, que merda de alegría.
Entre os mortos, este ano, estaba un amigo meu. Volvía en bici dunha reunión sobre como facer máis seguras as nosas estradas para os ciclistas. Atropelouno un home novo que acababa de pasar o exame de conducir. A xente que preferimos non condicir estamos entre a máis propensa a que nos mate un coche.
As comparacións xa foron feitas antes, pero vou poñer a proba a vosa paciencia repetindoas de novo. A xente que morre nas nosas estradas cada ano podería encher 30 avións comerciais. As mortes causadas polos coches na Britania desde 1945 superan as mortes de soldados británicos durante a segunda Grande Guerra. Desde Marzo do 2003, 61 soldados británicos morreron no Iraq; tanta xente como morre nunha semana na carnicería (hai algunha palabra máis axeitada?) das estradas. Un de cada 17 de nós morrerá ou acabará gravemente ferido un accidente na estrada.
Entón por qué non por fin a isto? En parte, claro, porque pensamos que non hai moito máis que se poida facer. Máis cámaras para multar aos infractores, máis bandas no asfalto, multas máis duras para os malos conductores salvarán vidas, pero semella que aceptamos que sempre haberá quen conduza coma un lunático. Eu fíxeno por un par de anos logo de que me declarasen apto para sentar ao volante. Despois de todo, iso é o que significa para moita xente – sobre todo xente nova – conducir: a liberdade de te comportar coma un idiota.
Pero hai cousas que se poden facer. Hai unha solución técnica para o que é esencialmente un problema técnico. Podería comezar a desenvolverse inmediatamente. De feito, coa mínima presión política, podería ser un engadido case sen custe doutro programa xa en marcha.
A semana pasada, o goberno publicou o seu plan para atacar a conxestión do tránsito. En 10 anos, propón que cada coche estea dotado dunha caixa de comunicacións. Coa axuda dun satélite de posición global, a caixa mandara un sinal cara os receptores de peaxe mostrando onde está e o rápido que viaxa. Os coches poderán entón ser taxados dacordo con onde estean. O Departamento de Transporte espera que , cobrando nas estradas en función do seu uso, poderá disuadir á xente de se meter nos puntos atascados.
Pode ser unha medida necesaría para combater o atasco. Pero hai outra, e máis poderosa razón en favor do programa, que case todo o mundo non pensou. Cunha pequena modificación, podería ser usada tamén para reducir a taxa de accidentes mortais nun 60%.
A caixa de comunicacións conten un mapa dixital da rede de estradas. Para convertila nun instrumento de seguridade na estrada, só tes que engadir os límites locais de velocidade e conectalo con sistema de control. Cando a caixa detecte que pasou o limite de velocidade, avisa ao conductor, e bolquea o acelerador e activa os freos. Os sensores locais poden dicir ao mapa dixital cando as condicións do tempo son malas, e baixar a velocidade do coche para axustarse a elas.
O sistema – chamadao Adapatación Intelixente da Velocidade- foi experimentada polo Instituto de Estudios do Transporte da Universidade de Leeds. Cando o sistema sexa obrigatorio (noutras palabras, cando o conductor non poida contradecilo) e poida ter en conta o tempo que fai, podería reducir os accidentes graves nun 48% e as mortes nun 59%. Isto é así non só porque tes máis probabilidades de golpear a alguén se vas rápido, senón tamén porque é máis probable matalo se lle das. A enerxía liberada nunha colisión aumenta exponencialmente. Unha persoa golpeada por un coche a 35 millas por hora ten o dobre de posibilidades de morrer que se a golpease un coche a 30 millas por hora.
Non fai falta dicir que esta proposta, coma calquera outra medida para salvar vidas, é un anatema para aqueles que din falar no nome dos conductores. O Daily Mail (deberon pensar moito para chegar a esta conclusión) chámalle á idea "o grande irmán no maleteiro". A sociedade dos fabricantes e comercializadores de automóbiles di que impedirá que os conductores poidan acelerar para evitar un perigo. O seu voceiro necesita clases de conducción: semella confundir o pedal do medio co da dereita. A Asociación do Automobil avisa que o sistema "restrinxirá a liberdade", o que, por suposto, é precisamente do que se trata. O site pistonheads.com xa está pedindo aos motoristas que atopen maneiras de sabotealo.
Entón que é o que quere esta xente? Din que queren rematar coas cámaras de vixiancia da velocidade e as bandas no asfalto. Din que queren que o goberno deixe de espialos e multalos. Queren que a policia se concentre en coller infractores. Ben, este sistema permite que pasen todas esas cousas. Preven que a xente exceda os limites de velocidade sen ser vistos e penalizados. Entón porque non queren que o sistema se adopte inmediatamente? Porque o que realmente queren, por suposto, é permitir que a xente continue a conducir sen ningunha clase de restricción social.
Non hai nada novo en todo isto. En ‘Un conto de dúas cidades’, os aristócratas do Paris pre-revolucionario exhibían o seu desprezo polo resto da humanidade conducindo as súas carruaxes tan rápido como podían. "As queixas ás veces conseguían ser audibles", escribiu Dickens "que, nas estreitas rúas sen beirarrúas, o violento patricio acostumado á dura conducción poñía en perigo e fería os pobres vulgares dunha maneira bárbara. Pero--- nesta materia, coma noutras, os comúns miserables tiñan que sair das súas dificultades como podían". Os reis da estrada aínda insiten no seu dereito sobre as vidas dos seus súbditos.
Afortunadamente, estes ímbeciles pertencen a unha minoría. Unha enquisa da Mori no 2002 suxería que o 51% dos conductores darían a benvida a limitadores da velocidade obrigatorios nos coches novos. Así debería ser. Tan pronto como fora imposible romper o límite de velocidade, toda a cultura da conducción mudaría. Os parvos poderían seguir sendo parvos, pero non podería facer moito máis. Non poderían acosarte sen gardar a distancia de seguridae, non podería adiantarte nunha curva sen visibilidade (o sistema de satélite pode determinar un diferente límite de velocidade para cada metro de estrada) e non poderían xogar a ser Jenson Button despois de pechar. O feito de que os coches preparados para correr moito quedaran obsoletos nesas circunstancias explica porque a sociedade de fabricantes e comercializadores de automóbiles non lles guste nada a idea.
A diferencia do sistema de taxación das estradas, non hai implicacións para as liberdades civís: o coche recive sinal do satélite pero non o transmite. A única liberdade que o sistema restrinxe e a liberdade de poñer en perigo as vidas doutras persoas. Se os coches van levar caixas de comunicacións de todas maneiras, o custe de incorporar controis de velocidade serán mínimos. O aforro, segundo suxire o estudio da universidade de Leeds, sería de miles de millóns de libras.
Así que non é pedir moito. Tan só modificar un pouquiño o programa que o goberno pensa introducir de todas as maneiras. E a prevención de só un par de milleiros de mortos cada ano.

|