Grafía

Kooltura resesa.

agosto 31, 2006

Brutas vs Miñas Xoias

Querida Camille:
Son unha muller con exceso de educación e déficit de ocupación, aborrecida e bisexual, da xeración dos vinte e tantos. Namórome dos tios buenorros 'ben educados' polas súas nais. Eles síntense primeiro intrigados, e logo intimidados, pola miña ferocidade na cama. Estou namorada dun rapazolo afectuoso e sensible ao que teño aterrorizado. Debería esquecer o meu gusto polos homes e procurar unha femia con ganas de guerra?
Asinado: Too Sexy for the Boy desde Baton Rouge.

Querida Too Sexy for the Boy:
Este é un caso clásico do mito de Diana e Endimión: unha deusa maternal amazona pegando o seus beizos aos dun andróxino rapaz. Eu diría que o manteñas coma plato suplementario e que completes o teu menú con alimentos máis robustos. En canto ás femias con ganas de guerra, agardo que teñas máis sorte ca min!

(De Vamps & Tramps, Camille Paglia, 1994)

|

março 14, 2005

Roseanne Barr

Roseanne é unha das mellores telecomedias de todos os tempos. Como retrato da vida dunha familía de clase traballadora é tan honesta coma calquera traxicomedia de Mike Leigh, só que en vez de proxectarse en cinemas de arte e ensaio, dominou o horario nobre da televisión estadounidense durante nove anos. Téndese a deixala fora do panteón das grandes telecomedias porque na última tempada perdeu o rumo por completo e estropeou o recordo que moita xente tiña do xou. O que comezara coma caustico comentario social, rematou coa familia gañando a lotería (e nun bizarro episodio) contando coa Jennifer Saunders e a Joanna Lumley facendo dos seus personaxes de Absolutely Fabulous. O episodio final tentou arreglar as cousas suxerindo que as últimas tempadas foran un longo soño, pero por entón xa era tarde de máis para salvar a arruinada reputación do programa.
Grande culpa disto probablemente tivoa a mesma Roseanne, que no canto de atopar o momento axeitado para rematar o xou, semella que ficou seducida polo seu éxito, e volveuse tola co poder. Famosa por despedir continuamente *s guionistas e por lle berrar á xente, segundo os rumores, chegou a ser paseada polo set nunha especie de trono mobil. Cando xa estás tan afastada do mundo da clase traballadora de onde ves, o realismo social -que é o corazón do teu xou- está condeado a desaparecer.
Roseanne foi antano unha verdadeira esposa 'white-trash' e nai de catro fillos, e a comezos dos 80 verqueu toda a experiencia da súa vida e a súa mirada ácida nun abrasador xou de comedia 'stand-up' que atacaba os homes, a maternidade e a triste realidade de vivir cun soldo mínimo. Cando pasou do 'stand-up comedy' á telecomedia creou un dos mellores e máis auténticos personaxes nunca vistos nas tv. A súa interpretación coma a intelixente matriarca da familia Conner capturou todo o bo humor e o apego á realidade dunha verdadeira ama de casa e resultou totalmenter crible. John Goodman tamén estaba soberbio coma o seu home Dan, o contrapunto perfecto para os desbarres da Roseanne: "A túa idea do romace consiste en evitar abrir a lata de cervexa perto da miña cara".
O xou estaba dominado por grandes personaxes femininos, incluidos a súa intelixente filla Darlen e a súa neurótica irma Jackie, que eran personaxes con matices e con tres dimensións, cos seus propios soños e e demos; en definitiva, a clase de rica creación de personaxes que se pode esperar da literatura clásica antes que dunha comedia de éxito norteamericana. Os temas desenvolvidos nos episodios eran igualmente sofisticados, atopando humor non só nos vellos trucos das telecomedias senón tamén no duro traballo de levar adiante unha familia, atopar un traballo decente e facer algo coa túa vida. A familia era encantadora, pero estaba sempre a pelexar, e o guión era desenvolvido co mesmo cinismo de lingua afiada que logo había caracterizar aos The Simpsons. "Que día máis fermoso", di Dan nun episodio, "a clase de día que comeza cun encantador almorzo e remata co telexornal a dicir: '....e a continuación disparou a arma contra si mesmo".
Sorpréndeme que Roseanne non se convertira nunha icona feminista. Comezou sendo unha camareira sen estudios e, grazas ao talento máis que á beleza, conquistou os mundos da comedia e da televisión - dous mundos dominados polos homes. Agora adícase de novo á 'stand-up comedy', e espero que o seu novo xou probe que non só é a mellor cómica feminina de todos os tempos, senón que é unha dos mellores cómicos, punto.
Por desgraza, xa que tamén se meteu na Cábala (que parece ter arruinado o talento da Madonna), témome que non debemos ter grandes esperanzas.
Mulleres, eh?

Stephen Merchant, Uncut, Abril 2005

|

fevereiro 20, 2005

Blue Movie

Por Jaap Kooijman
O realizador canadiano Bruce LaBruce descríbese a si mesmo coma o pornógrafo renuente. É un título axeitado, xa que a meirande parte dos seus filmes, incluidos No Skin Off My Ass, Skin Flick e Hustler White, reflicten o look e o ambiente dos filmes porno gai, pero sempre evitando ser totalmente explícitos. Coa excepción de Skin Gang (a versión porno de Skin Flick), todos os fimes de LaBruce suxiren máis o sexo explícito do que en realidade o amosan, e como resultado, máis que ofrecer imaxes para o pracer masturbatorio, os filmes de Bruce LaBruce esixen que repasemos o límite entre pornografía e o romance erótico.
De todos os filmes de LaBruce, Hustle White é o máis "mainstream", maiormente polo feito de estar protagonizado polo actor Tony Ward facendo do chapero Montgomery "Monty" Ward. Máis coñecido coma antigo mozo da estrela do pop Madonna (coprotagoniza os videos musicais de "Justify my love" e "Cherish"), Ward é á vez moi macho e vulnerable, un riquiño e encantador rapaz malo. Nunha das primeiras escenas, ollamos a Monti correrse mentres é penetrado por un dos seus clientes. A escena está intelixentemente entrecortada con imaxes dun avión aterrando, anunciando a chegada do escritor aleman Jünger Anger (interpretado por LaBruce), que chega ata Hollywood "por razóns antropolóxicas" - está a facer unha investigación para un libro sobre a prácitca da prostitución masculina no Boulevard Santa Mónica. En canto que Anger atopa a Monti, obsesiónase co misterioso chapero e segueo a todas partes. O desenvolvemento da relación entre o escritor e o chapero constitúe o argumento principal do filme.
Pero Hustler White é máis que unha comedia romántica gai, xa que as escenas do romance entre Monti e Anger están alternadas con escenas de prostitución. LaBruce co-dirixe o filme con Rick Castro, un fotógrafo ben coñecido polos seus foto-documentais sobre a prostitución masculina no Boulevard Santa Monica. Ainda que Hustle White non é un documental sobre esta prostitución, os actores son maiormente chaperos e estrelas do cinema porno gai (entre eles Kevin Kramer e Alex Austin que se interpretan a si mesmos) o que lle confire ao filme realismo e honestidade. Ao longo da metraxe, a voz en off de Monti informa a Anger, e polo tanto á audiencia, sobre os rituais da prostitución masculina en Hollywood, mentras se amosan escenas gravadas en marcha do Boulevar Santa Mónica, reforzando o tono documental do filme.
Ademais de ser á vez unha comedia romántica e un medio documental sobre a prostitución, Hustle White é tamén un catálogo da pornografía gai masculina e da desviación sexual. Nunha escena divertidísima, a estrela porno Kevin Kramer pasa unha entrevista para se converter en chapero permitindo que o foda un grupo de seis mangallóns. Non se mostra imaxe ningunha de exaculación ou penetración, pero a traves dunha rápida montaxe de primeiros planos de Kramer e os outros seis - centrándose nas expresións faciais e nas posicións máis ca nos espidos frontais - LaBruce consegue algo algo alén do sexo pornográfico. Enfatiza as convencións do porno gai (conven fixarse en que Kramer leva postos os calcetíns brancos), constrúea toma a toma, en non expon simplemente partes do corpo. As escenas que reflexan desviacións sexuais levan a Hustler White incluso máis alá, e (para algúns espectadores) quizais demaisado lonxe. Un chapero amputado contenta ao seu cliente co seu toco; o freaky dono dunha funeraria (interpretado convicentemente polo artista das performances Ron Athey) contrata chaperos nas rúas para momificalos con cinta de embalar; un vello masoquista quéntase deixando que o seu chapero o queime con pitillos. Estes extremos funcionan, porque non chocan, senon que complementan a romantica (ou romantizada) relación entre Monti e Jürgen Anger. En Hustler White, o romance e a desviación sexual van da mán e se reforzan unha á outra.
Ainda que Hustler White non documenta a "vida real" dos chaperos, e non debe ser percibida desa maneira, o filme consegue presentar unha imaxe honesta e convicencente da prostitución masculina no Boulevard Santa Móncia. Identifica o romance e o drama que é inherente á prostitución masculina, sen romantizala en exceso coma fan filmes tais como My Own Private Idaho de Gus van Sant, ou aínda peor, o Johns de Scott Silver - que anulan o radicalismo do sexo gai reemprazandoo con, respectivamente, un homoerotismo moi estilizado ou un romanticismo moi rosa. Pola contra, Hustle White amosa que o sexo gai hardcore pode ser tamén romántico; que unha cousa non exclue a outra.

|

janeiro 26, 2005

Memoria Eterna

Editorial. Quinta feira 26 de xaneiro do 2005. The Guardian

O 'Día en Lembranza do Holocoausto', a conmemorar mañá en todo o mundo por quinto ano consecutivo, foi elexido por coincidir coa liberación de Auschwitz polo Exército Vermello o 27 de xaneiro do 1945. Non hai outro nome que evoque con tanta facilidade o exterminio de seis millóns de xude*s - as principais vícitmas do xenocidio nazi. Sesenta anos despois, Auschwitz está a deixar de ser memoria viva para pasar á historia, a medidad que o número de supervivintes decrece, pero aínda hai unha alarmante ignorancia sobre o asunto, especialmente entre a xente nova. Levou décadas para que a enormidade do que alí tivo lugar fora coñecido amplamente. Pero hoxe non debería haber reservas sobre o feito resaltar o papel dos campos da morte no xeito de como recordamos a guerra que moldeou o século XX - ou sobre a necesidade de gravalo nas nosas mentes coma un triste e imborrable monumento á capacidade do trato inhumano entre a humanidade.
A escala e a intención da "solución final" de Hitler, e o número de participantes, aínda fan que o Holocausto sexa único, sen intención de diminuiri a maldade do que aconteceu en Cambodia ou Ruanda, ou o masacre xenocida dos bosnios musulmáns en Srebenica. O Holocausto ademais ocorreu terroríficamente perto de nós: moitas parroquias adicaron onte unha lembranza aos 72.000 xudeos franceses encirrados e enviados en camións de gando ás cámaras de gas e aos crematorios polacos; en Berlin Gerhard Schröder, o chanceler alemán, expresou a súa vergonza polo feito de que Hitler e os seus secuaces tiveran tan amplo apoio.
Pero hai unha lección universal que sacar do feito de converter a xentes de diferentes extraccións e crenzas (xitanos, comunistas e gais tamén sufriron e morreron nos campos) en parias - o primeiro paso, coma advertiu Primo Levi, cara ao exterminio físico. Así que resulta desfortunado que o Consello Musulmán de Britania non tome parte mañá nas conmemoracións británicas, comparando as actuais "limpezas étnicas, asasinatos en masa e abusos dos dereitos humanos" en Caxemira, Chechenia e Palestina co xenocidio nazi, que á súa vez rexeitan xustamente. Non ten sentido pretender que non hai ningun vencello entre a creación do estado de Israel e o sinuoso camiño que levaba a Auschwitz. E tampouco ten sentido pretender que o que pasou alí xa foi superado no seu infinito horror.

|

janeiro 18, 2005

O director Bruce LaBruce sobre o seu novo filme "O Reich da Framboesa"
O director Bruce LaBruce usa o fenómeno da Baader-Meinhof coma punto de partida para explorar a banalización do movemento terrorista radical alemán no seu último filme "O Reich da Framboesa". Despois de pasar con éxito por moitos dos máis famosos festivais de cinema do mundo, incluídos Sundance, a Berlinale e o Festival Internacional de Cinema de Seattle, o filme de LaBruce vai ser estreado o 10 de setembro do 2004 e o dvd sairá a finais de ano. O creador de "This is Baader-Meinhof", Richard Huffman, fala con LaBruce.

RICHARD HUFFMAN: Fálame sobre ti, sobre o teu background como director e sobre a túa filosofía á hora de construir un filme.
BRUCE LABRUCE: Despois de me criar nunha granxa do Canadá, mudeime a Toronto para ir á facultade de imaxe da Universidade York. Comecei con producción, pero paseime aos dous anos a teoría e acabei por recibir un master en pensamento socio-político e cinema. Mentras estaba a traballar na miña tese (sobre o 'Vértigo' de Hitchcock) desilusioneime co mundo académico e comecei a saír pola escena punk da cidade. Comecei a facer pequenos filmes en super 8 experimentais con contido homosexual explícito para rachar coa complacencia sexual da escena punk daquel tempo. Coa chegada do hardocre e o speedcore, tamén chegou un certo machismo ao punk, que levaba consigo unha vea homofóbica e sexista. Eu fixen fanzines e filmes provocativos e sexualmente explícitos para confrontar a conformidade sexual deses supostos radicais. O meu primeiro filme completo, 'No Skin Off My Ass', sobre un perruqueiro gai que se namora dun skinhead neo-nazi, gravouse en super 8 e despois levouse a 16mm. Converteuse nun éxito no cirucito dos festivais gais.

"O Reich da Framboesa" dirixido por Bruce LaBruce.

As miñas dúas obras seguintes, 'Super 8 1/2' e 'Hustler White', graveinas en 16mm. Eran á vez filmes sexualmente explícitos, artísticios e punk. As miñas dúas últimas produccións, 'Skin Flick' (e a súa versión hardcore: 'Skin Gang') e 'O Reich da Framboesa', foron feitas para compañías de porno. Considérome un artista que traballa no porno. Ata este punto tratei de manter cos meus filmes a tradición do realizador homosexual de filmes avant-garde seguindo o ronsel de Andy Warhol, Paul Morrissey, Kenneth Anger, Jack Smith, George Kuchar, e Curt McDowell. Tamén estou interesado en seguir os pasos doutros famosos artistas homosexuais que facían porno como Peter Berlin, Jack Deveau, Wakefield Poole, Peter de Rome, e Fred Halsted. Gústame facer filmes persoais, e tamén considero o meu traballo "underground", a pesar de que cada vez máis, considerando o poder conxunto dos mass medias e o alcance da internet, non exista tal cousa.
RICHARD HUFFMAN: Cóntame sobre "O Reich da Framboesa"... por qué quixeches facer este filme?
O meu filme anterior, o primeiro verdadeiramente porno, Skin Flick/Skin Gang, ía sobre unha banda de skinheads neo-nazis, que representaban a extrema dereita, que entraban no apartamento dunha parella de raza mixta burguesa e gai e aterrorizabaos sexualmente e violabaos. Era unha investigación sobre por qué os gais tenden a fetichizar as figuras autoritarias e fascistas (os polis, os skinheads, etc...) e o fenómeno da prevalencia da homosexualidade entre os extrema dereita e os seus líderes. Co 'Reich da Framboesa' quería examinar unha banda de extrema esquerda -neste caso unha célula terrorista- para saber se había similitudes nas dinámicas sexuais. Os meus últimos tres filmes, incluído 'Hustler White', que vai sobre prostitutos no Bulevar Santa Mónica de L.A., trata de varóns que non se identifican para nada coma gais pero que nembargantes teñen sexo homosexual entre eles. Sempre estou interesado na idea das políticas de identidade e no arbitrario ou no artificial dos roles sexuais ou de xénero. Moitos homes heterosexuais afincáronse rixidamente nun rol que non lles permite sequera a posibilidade de impulsos homo ou bisexuais, a pesares de que moitos teóricos, desde Freud para adiante, afirmaron a noción de que todo o mundo nace alomenos cun potencial bisexual. As mulleres parecen ser un pouco menos ríxidas en canto ao sexo. Os homes homosexuais tamén se afincaron nunha identidade sexual que non lles permite ter sexo con mulleres, secuestrándose a si mesmos nun ambiente exclusivamente masculino, tentando con todas as súas forzas non pensar nunca nunha vaxina. Está claro que cando os homes heterosexuais son confinados xuntos baixo circunstancias moi intensas - no exército, na cadea, etc- o comportamento homosexual emerxe moi facilmente. Da mesma maneira, nas culturas musulmanas, onde os homes e as mulleres están con frecuencia segregados, a homosexualidade é bastante comun, aínda que sexa moi discretamente e sen ningún recoñecemento. Así que os meus filmes tenden a explorar estes imperativos culturais e estes preconceitos.

A revolución é o meu mozo.
Daniel Bätscher é "Holger" e Susanne Sachsse é "Gudrun" no "Reich da Framboesa"

Desilusioneime moi pronto co movemento gai, inclúso alá pola metade dos 80 cando decidín que se apoltronara políticamente, xa non dicía nada estéticamente e era dun burgués que non tiña remedio. (A actual tendencia asimilacionista cara á conformidade sexual, o matrimonio, e a respeitabilidade demostra o meu punto de vista - os oprimidos está demostrado que se convirten en opresores). Así que me pasei ao punk porque semellaba estár a desafiar ao status quo, o ascenso dos intereses e do control empresarial, e os intentos da ideoloxía dominante para controlar, dominar e neutralizar todas as formas de disidencia, diversidade e individualidade. O meu primeiro toque de atención foi decatarme de que incluso o punk, que se supoñia unha subcultura radical, era sexualmente conformista. Isto levoume a interesarme por outras manifestacións de protesta social e política, incluíndo unha investigación sobre as organizacións paramilitares ou terroristas de finais dos sesenta e dos setenta coma o SLA, os Weathermen, as Black Panters, e claro, sobre a Baader-Meinhof, o RAF. Cada un destes grupos tomaron moi seriamente a noción que Godard presentou no seu filme 'Numero Deux': le cul, c'est la politique: o sexual é político. Crían que a revolución só se podería acadar se era acompañada dun radical replantexamento das morais sexuais e as súas convencións. A xente esqueceu hoxe en día que entón había unha cousa chamada revolución sexual, cando incluso membros das clases medias experimentaban coa promiscuidade, o sexo en grupo, a bisexualidade e a homesexualidade, a vida, o sexo e a espirtualidade en común, etc. Na universidade tiven cursos como 'Os movementos e a literatura de protesta', 'Psicoloxía e Feminismo', así que tiña coñecementos sobre as ensinanzas de pensadores coma Reich, Marcuse e outros teóricos radicais que crían que a represión sexual era a responsable de moita da violencia e de a apatía e do malestar espiritual nas culturas avanzadas tecnolóxicamente. Tamén estaba moi interesado no xeito no que as minorías contra-culturais do momento- en particular *s negr*s, *s gais, e *s feministas- adoptaron unha especia de estilo e retórica proto-militar, moitas veces tomada prestada da que tiñan as guerillas insurxentes que emerxeran simultaneamente na América Central e do Sur. Eses movementos eran todos incialmente marxistas, desafiantemente militantes e organizados nunha especie de modelo anarco-sindicalista e descentralizado. Emerxeron ou gañaron forza do movemento contra a guerra do Vietnam e as folgas e as protestas de estudiantes de Maio do 68, así que loitaron por correxir as inxustizas sociais e políticas e as desigualdades baseadas na raza, na clase e no xénero. As plataformas de grupos de extrema esquerda que emerxeron deste milieu estaban basseadas nesas ideas igualitaristas e humanitarias. Crían, pola contra, que a fin xustifica os medios para acadar eses obxectivos, os que os situou en situacións morais insostibles, acabando por se pareceren aos seus denostados enimigos (o oprimido que se convirte en opresor é un tema sempre presente nos meus filmes)
Co 'Reich da Framboesa' quería volver sobre esas ideas e eses sentimentos nun contexto moderno. Despois do 11 de Setembro, particularmente en Norte América, a esquerda foi capada e condeada virtualmente ao silencio. Quería facer un filme que lle dera a voz de novo á retórica da esquerda, anti-multinacionais, anti-capitalista, que foi unha vez parte do discurso público pero que acabou por estar completamente ausente. O filme tamén introduce unha crítica á esquera, censurando á xente que ou non practica o que predica ou que se volve tan ríxida e intratable nas súas crenzas que ela mesma se volve opresivas e dogmáticas.

O 'Reich da Framboesa' trata dunha banda de extrema esquerda en Berlín que imita ao RAF. Gudrun é a lider dunha banda de homes novos heterosexuais, impresionables e que son captados polas súas ideas radicais e pola súa enerxía. Ela cre, pola contra, que a monogamia heterosexual é unha construcción burguesa que debe ser derruída para conquistar a verdadeira revolución, así que fai que eses rapaces hetero teñan sexo entre eles para probar a súa fidelidade á causa. Tamén resulta que isto é o argumento perfecto para un filme porno gai.

RICHARD HUFFMAN: No wed do filme, describes o 'Reich da Framboesa' como "un filme porno/artístico que, coma todos os meus filmes, usa a pornografía coma un punto de partida para examinar as políticas sexuais e o radicalismo homosexual (para min, traballar na pornografía é como un exercicio de xénero). Aparte disto, ata que punto foi o 'chic radical' un punto de partida para examinar as políticas sexuais e o radicalismo homosexual? Pode ser vista a liña argumental do chic radical coma un exercicio de xénero?

Tamén fixen o 'Reich da Framboesa' coa intención de comentar a tendencia cultural moderna de secuestrar e banalizar o signifcado do radicalismo e da militancia sen adoptar ningunha da súa substancia polítca, ou aínda peor, no proceso, contradicir completamente a intención orixinal. No meu filme un dos eslogans é 'Madonna é contra-revolucionaria', e creo firmemente. Coma sempre dixen, Madonna é xusto o contrario dalguén coma Jean Genet, que tiña como estratexia ir rapidamente a aquela parte do mundo onde emerxera un verdadeiro impulso revolucionario (os Black Panthers na América de finais dos 60; os palestinianos do Oriente Medio nos setenta), pero tan pronto como detectaba calquera signo de colaboración ou institucionalización, non só os abandoaba senon que se voltaba contra eles. Madonna aliméntase dos movementos revolucionarios (normalmente das manifestacións subculturais gais e/ou negras), pero coa estratéxia de asimilación, neutralización, banalización, e por último esgotandoas e abandonandoas. É o exempo máximo de alguén que utiliza o chic radical para fins especulativos e puramente capitalistas. Na Alemaña houbo durante catro ou cinco anos un rexurdir no interese polo RAF, pero maiormente coma un símbolo de moda, un significante de rebelión cosmétca similar ao fenomeno de que o Che Guevara se convertise nun novo James Dean ou Marilyn Monroe. Incluso houbo un filme chamado Baader que converteu a Andreas Baader nunha especie de heroe folk molón, todo estilismo e nada de substancia. Grupos como o RAF tiñan un certo cociente de glamur nos setenta, coas súas chaquetas de coiro, os bonés, os lentes de sol, os carros rápidos, pero o seu glamor tamén proviña das súas fondas conviccións sociais e políticas e o seu compromiso para levar a cabo accións contra o estado. O intelectualismo tamén era considerado glamuroso daquela, en contradicción coa tendencia actual de desprezar e desconfiar da análise intelectual. O glamur tiña que ver cunha especie de mentalidade ao Robin Hood. Co trunfo do capitalismo, os crimes contra a propiedade ou o roubo son considerados peores ca a violencia ou o asasinato.

Os radicais Holger (Daniel Bätscher) e Andreas (Dean Stathis) secuestran a Patrick (Andreas Rupprecht).
O 'Reich da Framboesa' tamén é unha especie de filme de 'explotation', un xénero que xa foi adoptado por Hollywood hai tempo (Que són filmes como Bad Boys ou American Pie máis que facilonas 'explotations' cun grande orzamento?) Existía unha tradición de filmes que explotaban o tema do sexo, pero tamén filmes de serie b que incluían tramas de secuestros, estilo Heist, estilo Caper, etc. Tamén me refiro a eses xéneros.
RICHARD HUFFMAN: Moito se ten dito sobre o xénero e as políticas sexuais da Baader-Meinhof; como representaron unha manifestación do ideal do amor libre nos sesenta e nos setenta; como os homes e as mulleres compartían o poder. Pero nunca se discutiu a posibilidade ou a probabilidadde de que algúns dos membros do grupo foran gai (aínda que a simple lóxica dí que debía haber algúns). Como cres que sería visto o grupo polo 'Reich da Framboesa' e os modernos seguidores do chic radical, se o grupo explicitara que incluían a liberación gai na súa filosofía pública?
BRUCE LABRUCE: En realidade, nos círculos gais de Berlin semella amplamente aceptado que Andreas Baader comezou como un prostituto masculino que frecuentaba os bares do distrito Schoeneberg, o ghetto gai berlinés. Durante a realización do 'Reich da Framboesa', un amigo presentoume a Felix Ensslin, o fillo de Gudrun Ensslin, e ceamos xuntos. Faleille do proxecto, que era artístico/pornográfico e se baseaba nas teorías de Reich e Marcuse, e pareceulle que a Baader/Meinhof estaría totalmente dacordo, xa que crían que o sexual era político e que a revolución sexual era unha parte importante do seu programa. Cando o RAF e outros grupos radicais como as SLA ou os Weathermen existían nos setenta, o ambiente era moi distinto. As ideas da liberación sexual e o ataque aos roles sexuais predominantes eran moito máis comunmente aceptados e incluso practicados polos membros das clases medias. Unha chea de rapazas da SLA eran abertamente lesbianas, e aos Weathermen íalles o sexo en grupo e a bisexualidade. Así que non creo que a homosexualidade aberta fixera que foran menos convincentes. Quero dicir, Huey P. Newton das Black Panthers foi famoso por incluir aos gais e ás feministas como parte da clase de revolución que desexaba. É interesante e algo triste que o máis popular movemento negro hoxe en día, o hip hop, despreze continuamente ás mulleres e aos gais. Pero claro, o hip hop maioritario trata sobre o materialismo e a capitulación ao capitalismo, como ocorre co movemento gai. Onde está a Baader-Meinhof cando a precisas?
RICHARD HUFFMAN: Estou seguro de que sabes que Gudrun Ensslin fixo un filme porno antes de pasar á clandestinidade. Tal como eu o entendo, fixoo froito do espírito do seu tempo: tanto como unha declaración de liberdade sexual como un xeito de conseguir cartos. Hai algún tipo de similitude cos actores e as actrices do teu filme porno-artístico? Tiñan motivacións alén das simples razóns financeiras?
Créme, as consideracións financeiras non eran parte da súa motivación. Os meus filmes teñen orzamentos moi baixos, así que a xente non participa neles polos cartos. Todos os actores do filme son actores porno, así que estaban a facer o seu traballo e non sabían onde ían participar ata que chegaban ao set. Coñecían a miña reputación e tiñan interese en traballar comigo. Cando coñeceron a idea xeral do filme gustoulles. Todos son listos e captaron a onde eu quería chegar. A actitude europea cara o sexo e o porno está moito máis en liña co espirito da liberdade sexual que se viviu na América dos anos sesenta e setenta. Teñen unha actitude adulta cara el, e non eses problemas que teñen os norteamericanos co porno. Insisto en que todo o mundo que participa nos meus filmes porno sabe o que fai e porque o fai, e non ten nada que ver cun ambiente de explotación.

A lider Susane Sachsee é "Gudrun"
En canto a Susanne Sachsse, que interpreta a Gudrun tan fermosamente, é unha recoñecida actriz de teatro berlinesa que participou no Berliner Theatre Ensemble durante tres anos e ten interpretado a Bretch e aos demais. Así que no seu caso foi máis o seu interese por traballar comigo como director e de se poñer a proba como actriz nun papel moi difícil. Ela ven de Berlín Leste, así que crecer detrás da Cortina de Aceiro faille comprender as ramificacións da banda anti-capitalista Baader-Meinhof moito máis intelixentemente ca min, e aprendín moito dela.. (Para min, todo o fenomeno do RAF era, desde a distancia, bastante abstracto, só foi despois de comezar a facer o filme en Berlín e de me topar con xente directamente afectada polo RAF que comezou a ser algo real e concreto). Susanne sentiu como actriz que era importante para ela ir ata o final e representar escenas sexualmente explícitas no filme. Díxenlle que me gustaría que as fixera, pero que non era condición para non lle dar o papel a ela. Así que foi a súa decisión. Parte do significado do filme é o de ser xenuíno, así que apareza o sexo real reforza os ideais da liberación sexual que se están a expoñer no filme. Así que Susanne non só compartía o espirito do filme senon o radicalismo que alí se expón.
RICHARD HUFFMAN: Cal é a audiencia na que pensas para o 'Reich da Framboesa'? Podo facerme unha idea do que é para un rapaz gai sentar a ver un caloroso filme porno hetero; é bastante duro para un rapaz hetero ver algo que pase de homoerótico. Mirando o trailer do filme, imaxino que que este é un elemento forte do mesmo; que reacción cres que terán os tios heteros fronte ao filme? Esperas resultar provocador e interrogar ao espectador hetero sobre a súa sexualidade?
BRUCE LABRUCE: Normalmente nos filmes me encanta incluir algo que ofenda a todo o mundo. Moitas veces me sorprendo incluso de que alguén as queira mirar. O mundo da arte normalmente ignórame porque pensa que son demasiado pornográfico, mentres que o mundo do porno rexeitame por ser demasiado arty ou intelectual e por interferir co seu amado producto puramente pornográfico. Son un intruso, un aventureiro. Ata o de agora ensinei o 'Reich da Framboesa' en bastantes festivais non gais - Sundance, a Berlinale, o Festival Internacional de Cinema de Seattle, o Festival Underground de Melbourne e a maior parte del parece que vai ben coas audiencias máis ortodoxas. Comeza cunha escena de sexo hetero, así que iso pode tranquilizar aos asistentes masculinos heterosexuais. Por suposto que quero que o filme chegue aos espectadores heteros. Xa me decatei de que fai que unha chea de xente que critica filmes na rede se puxera nerviosa. Falan e falan sobre o mala e horrible que é - parece que lles afecta. Quizais estoulles a tocar nun nervio. Iso espero. Especialmente a eses revolucionaruchos que pensan que son tan listos e tan progresitas. E despois non hai quen os saque da posición do misioneiro.
RICHARD HUFFMAN: Explorando a dinámica deste grupo de radicais seguidores do RAF, aprendiches algo sobre a dinámica real da banda Baader-Meinhof? Quero dicir se se fixo evidente como el*s derberon funcionar a medida que explorabas o teu grupo ficticio?
BRUCE LABRUCE: Ben, o meu filme vai sobre un grupo de aprendices de terroristas moi inept*s que copian á Baader-Meinhof dun xeito cómico. Tiven como referencia filmes como a '3ª Xeración' de Fassbinder, 'La Chinoise' de Godard e 'WR: Mysteris of the Organism' de Dusav Makavejev, filmes pop de axitación que ilustraban cómicamente os principios revolucionarios con recursos narrativos, direccións da cámara, ou incluso con elementos de documental. O meu filme non se supon que se deba tomar coma unha investiación seria nos principios da captación terrorista, pero, dun xeito estraño, cada vez que fas un filme, sobre todo un de baixo orzamento, convirteste nunha especie de guerrilla urbana. Traballabamos sen permisos, gravabamos en lugares improvisados sen permiso, gravabamos xente na rúa sen que o souberan, etc. Botaronnos dun apartamento dun vello edificio do leste de Berlín, na Karl Marx Allee, porque *s veciñ*s comezron a se queixar de ver xente con pasamontañas levando pistolas entrando e saindo do edificio. Asi que en certa maneira nos aproximamos á clase de sensación de tratar de evadir ás autoridades e operar fora da vista. Tamen cando fas un filme inevitablemente adoptas esa convicción de que faras todo o que sexa preciso, sexa o que sexa; de que a fin xustifica os medios. Gravar un porno sempre semella unha actividade de guerrilla, como se estiveras a contravir algunha lei, moralmente se non é legalmente. Cando estabamos a gravar in situ nos suburbios do oeste de Berlin, soubose dalgunha maneira que estabamos a gravar un filme porno e de seguida tiñamos á rapazada do barrio intentando ver polas fiestras. Fíxome pensar no difícil que debeu ser para o RAF tentar opera e facer todas as súas actividades ilegais sen ser apañados pola policia. Así que ben nos podías chamar a nós 'os terroristas dos filmes'.

|

janeiro 13, 2005

Razóns para sermos optimistas.
Neste segundo extracto do seu novo libro, Jared Diamond revela por qué el é optimista con cautela sobre o futuro do planeta e describe as opcións que temos que escoller para protexer o noso medio ambiente.
Quinta feira, 13 de xaneiro do 2005, The Guardian.
A xente pregúntame moitas veces, "Jared, es optimista ou pesimista sobre o futuro do mundo?" Eu contesto, "Son optimista con cautela". Quero dicir que, por un lado, recoñezo o serios que son os problemas que encaramos. Se non facemos un esforzo decidido para solucionalos, e se non temos éxito nese esforzo, o mundo enteiro nas próximas décadas encarará un declive nos niveis de vida, e quizais cousas peores.
Esa é a razón pola que adico a maior parte dos esforzos da miña carreira neste momento da miña vida a convencer á xente de que os nosos problemas teñen que ser tomados en serio e que non van desaparecer por arte de maxia. Por otra parte, habemos ser quen de solventar os nosos problemas - se decidimos facelo. É por iso que a miña muller e máis eu decidimos ter fill*s hai 17 anos: porque miramos que había lugar para a esperanza.
Unha das razóns para a esperanza é que, de xeito realista, nós non estamos rodeados por problemas irresolubles. É certo que encaramos grandes riscos, dos que os máis serios están fora do noso control, como unha posible colisión cun asteroide do tamaño dos que chochan contra a Terra cada cento de millóns de anos, ou os horrorosos tsunamis como os que golpean o océano Índico. Pero tamén os hai que os xeramos nos mesm*s.
Xa que nós somos a causa dos nosos problemas medioambientais, nós somos quen os controlamos, e podemos escoller parar de producilos e comezar a resolvelos ou non. O futuro está aí para ser encarado. Non precismaos de novas tecnoloxías para solventar os nosos problemas; a pesar de que as novas tecnoloxías poden facer algo, o que precisamos é o desexo político de aplicar as solucións que xa existen.
Claro, que iso é o difícil. Pero moitas sociedades atoparon o impulso político necesario no pasado. As nosas sociedades modernas xa atoparon a vontade para solventar algúns dos nosos problemas, e para atopar solucións parciais para outos.
Outra das razóns para a esperanza é a crecente difusión do pensamento medioambiental entre a xente do mundo. A pesar de que ese pensamento xa leva moito tempo entre nós, a súa expansión acelerouse, especialmente desde a publicación da 'Primavera Silenciosa' no 1962. O movemento medioambientalista foi gañando adherentes a un ritmo crecente e actúa a traves dunha crecente diversidade de organizacións cada vez máis efectivas, non só nos EUA e na Europa senón tamén na República Dominicana e noutros países subdesenvolvidos. Ao mesmo tempo que o movemento ambientalista gaña forza a ritmo crecente, tamén o fan os riscos para o noso medioambiente.
Cales son as decisións que debemos tomar se queremos ter éxito e non fracasar? Hai dous tipos de eleccións que me parecen cruciais.
Unha desas eleccións depende da valentía de practicar o pensamento a longo prazo, e de tomar decisións claras, valentes e anticipatorias a tempo cando os problemas xa son perceptibles pero antes de que acaden proporcións de crise. Este tipo de decisións son a contrapartida ás decisións de curto prazo, as decisións de reacción que caracteriza tanto o labor d*s nos*s polític*s -"o pensamento para 90 días". Ao lado de tantos pésimos exemplos dese tipo de decisións curtas de miras están os exemplares casos de decisións a longo prazo tomadas no pasado, ademais dos casos actuais de moitas ongs, moitas empresas e moitos gobernos. Entre as sociedades do pasado enfrontadas a unha desastrosa deforestación, a Illa de Pascua e *s xefes Mangareva sucumbiron ás preocupacións inmediatas, pero *s xogúns de Tokugawa, *s emperador*s Incas, as terras altas de Nova Guinea e *s propietari*s de terras do século XVI na Alemaña decidíronse por unha estratexia a longo prazo e reforestaron. *s líderes chines*s tamén promoveron unha reforestación nas últimas décadas e prohibiron o comercio de maderia das fragas autóctonas no 1998. En canto ás empresas, as multinacionais norteamericas que teñen éxito (por exemplo a Procter&Gamble) non agardan a que se lles presente unha crise para re-avaliar as súas estratexias.
A planificación a longo prazo, valente e exitosa tamén caracteriza algúns gobernos e algún*s líderes, algún*s do noso tempo. Nos últimos trinta anos un continuado esforzo por parte dos gobernos dos EUA fixo que se reduciran en todo o país os niveis de seis dos maiores poluíntes do aire nun 25%, incluso a pesar de que o consumo de enerxía e a poboación creceron nun 40% e o número de kilómetros percorridos nun 150%.
A outra decisión crucial da que temos precedentes no pasado implica o valor de tomar decisións dolorosas sobre os valores dunha civilización. Cales dos valores que anteriormente serviron a unha sociedade poden ser mantidos baixo novas circunstancias? Cales deses valores tan amados deben ser sustituidos por diferentes aproximacións? Australia está a renegociar a súa identidade propia dunha sociedade agrícola británica. A xente de Islandia e moitas sociedades de castas da India no pasado, ou os rancheiros de Montana que dependen do regadío en tempos recentes, acadaron acordos para subordenar os seus dereitos individuais aos intereses do grupo.
Todo isto foi conseguido a pesar de ser particularmente dificil. A pesar de todo tamén é algo que afianza a miña esperanza. Poden servir como precedente para moitos d*s cidadá*s do primeiro mundo para ter o valor de faceren a máis fundamental das reavaliacións que hoxe encaramos: cantos dos nosos costumes como consumidor*s e canto do noso nivel de vida occidental podemos manter? Xa mencionei a probable imposibilidade de inducir a*s cidadá*s do primeiro mundo a reducir o seu impacto no mundo.
A alternativa, a de continuar co impacto actual, é aínda máis imposible. Este dilema faime lembrar da resposta do Wiston Churchill ás críticas á democracia: "Tense dito que a democracia é o peor sistema de goberno se non fora por como foron o resto das formas de goberno que se probaron" Co mesmo espírito, unha sociedade de baixo impacto é o escenario máis improbable do futuro - se non fora porque o resto dos escenarios é impensable.
En realidade, mentres que non vai ser fácil reducir o noso impacto, tampouco é imposible. Recordemos que ese impacto é froito de dous factores: a poboación, multiplicada polo impacto por persoa. En canto ao primeiro dos factores, o crecemento da poboación declinou drásticamente nos últimos tempos en todos os paises do primeiro mundo, e tamén en moitos do terceiro mundo - incluindo a China, Indonesia e Bangladex, que teñen a maior poboación do mundo, a cuatra e a novena respectivamente.
O aumento da poboación intrínseco do Xapón e da Italia xa están por baixo da taxa de reemprazamento, de tal maneira que a súa poboación existente (ie, sen contar coa emigrante) pronto decrecerá.
En canto ao impacto por persoa, o mundo non tería incluso que diminuir o seu consumo actual de madeira ou peixe: esas taxas poden ser mantidas ou incluso incrementadas, se os bosques e os bancos de piexes fosen xestionados apropiadamente.
A miña última razón para ser optimista é outra consecuencia da interconexión do moderno mundo globalizado. As sociedades do pasado non dispoñían da arqueoloxía ou da televisión. Hoxe, pola contra, prendemos as nosas televisións ou as nosas radios ou lemos os xornais, e vemos, oimos ou lemos sobre o que pasou unhas horas antes en Somalia ou en Afganistan.
Temos a oportunidade de aprender dos erros doutra xente ou do pasado. Esa é unha oportunidade que ningunha sociedade do pasado tivo tan a man. A miña esperanza é que suficiente xente elixirá aproveitar esa aportunidade para mudar as cousas.
Ten razón o Jared?
O autor de 'Collapse and Guns, Germs and Steel' falará online na quinta feira 20 ás 3 da tarde. Envia as túas cuestións e mensaxes para Jared Diamond agora aquí.

|

dezembro 21, 2004

Manifesto de A PIE.
A liberdade elemental de andar, de elexirmos o rumo dos nosos pasos, a liberdade de irmos ao encontro dos outros é o fundamento da vida en común. As cidades e os pobos baseáronse sobre esta liberdade. Precisamos da rúa, dos camiños, das prazas, do espazo público, para que nos permitan non esquecer que os demais tamén existen, que os demais non son faros en dirección oposta, nin protagonistas dunha noticia, senon corpos e vidas semellantes, eses corpos e esas vidas que dan sentido a todos os nosos actos.
Cada home, cada muller, cada ancián e cada neno que sae á rúa está decidindo non só a calidade da súa vida, senon tamén a calidade da vida do seu entorno. Está afirmando que non cre no illamento nin no individualismo. Está a elexir un mundo onde haxa espazos comúns. Pola contra, unha existencia vivida únicamente en caixas privadas, nos pisos, nos coches, nas computadoras e nos televisores fomenta a ilusión de que é posible ser feliz no medio da morte, da soidade. Ningunha situación humana é gratuita: cando se obriga a unha muller maior a ficar na casa porque non pode sortear as beirarrúas altas, os coches mal aparcados, a presa dos semáforos, estáse a elexir unha sociedade inxusta cos máis débiles. Cando se convirte unha rúa nun lugar de grave risco físico para os nenos e se lles forza a permaneceren illados á volta do colexio, estáselles negando a aprendizaxe do comunitario. Os peóns non estamos dispostos a aceptalo. Non nos parece xusto nin bo que non haxa espazos públicos para a calma, que sexa imposible camiñar con tranquilidade nunha rúas invadidas polo estruendo, pola hostilidade.
A través da asociación A PIE os peóns decidimos tomar a palabra e, mediante un conxunto articulado de denuncias, actividades e propostas, pasarmos á acción. A realidade non é algo que veña dado. A realidade, tale e como a estamos a vivir, é o froito dun fluido constante de decisións. Non hai edificio nin rúa nin beirarrúa que non foran decididas por alguén. A realidade constrúese e se os peón s permanecemos calados, se permanecemos inmóbiles, serán outros os que perseveren no deseño dun mundo que negue a equidade, que negue os espazos comúns, que procure só a satisfacción duns intereses particulares perentorios. O interese do peón é sempre o interese xeral, porque o peón non ten nada que non sexa seu. A beirarrúa dun peón é a beirarrúa de todos os cidadáns. O peón non é ruidoso nin insolente, non ameaza nin atropela. O peón non bloquea as esquinas, non apodrece a atmosfera, a enerxía do peón é renovable.
Hoxe, a finais do século XX, a situación de acoso que viven os peóns está chegando ao limite. E acosar ao peón significa poñer en perigo a última oportunidade que teñen as cidades de seren lugares de intercambio e de contacto, lugares onde non pareza unha loucura querer vivir unha boa vida, lugares onde aínda teña sentido o proxecto de constiruir unha comunidade xusta e prudente. A asociación A PIE quere defender ese proxecto e para iso proclama a liberdade de andar das persoas, porque sabe que a liberdade de andar é o punto de partida irrenunciable do noso dereito a elexir por qué camiño e cara ónde vamos.
Madrid, 1995.

|