...
Segundo a túa definición orixinal, a orientación sexual dun metrosexual é irrelevante. Sen embargo, na maioría dos artigos e da literatura de marketing sobre o tema descríbese como hetero. Por qué é así?
En parte, como digo, porque se asume que todos os gais xa son estilosos e ben presentados. Aparentemente iso é o que significa "gai". De todas maneiras, decribir ao metrosexual coma hetero é un pouco bobo. Pero claro, os anuncios sempre venden cousas dicindo o contrario do que son. Si, moitos metrosexuais van á cama con mulleres, e só irían á cama con mulleres, pero non hai nada "hetero" na metrosexualidade. Amaricona todos os códigos oficiais de masculinidade de aproximadamente os últimos cen anos. É pasivo onde sempre debería ser activo, desexado onde sempre debería desexar, admirado onde deberia ser sempre o que admira.
Que a maioría dos metrosexuais non sexan gais ou bisexuais só fai que as cousas aínda sexan máis rariñas. O primeiro polo que se preocupa un metrosexual hetero é 1) por si mesmo, 2)por outros metrosexuais – cómo vai saber senón o que está "in" esta tempada?- e 3) polas mulleres que pegan co seu color de ollos. Non necesariamente nesta orde, pero tampouco innecesariamente nesta mesma orde.
Quizais a cousa máis interesante da metrosexualidade sexa que representa o principio da fin da "sexualidade", a pseudo-ciencia do século XIX sobre as preferencias sexuais que dicía que a personalidade e a identidade están dictadas segundo os xenitais da túa parella teñan a mesma forma cos teus ou non. Nunha éra hiperconsumista postindustrial como a nosa, a identidade e a personalidade non está permitido que sexan inherentes –acabaría con moitos negocios- e están pola contra baseadas en escollas de estilos de vida, pautas de consumo, marcas, círculos sociais. Como mostra disto, incluso hai revistas de colores para parellas do mesmo sexo e parellas de transexuais. O amor –e tamén a reproducción- é un estilo de vida. A orientación sexual do metrosexual é obviamente importante para eles e as súas parellas, pero a súa identidade non está baseada nela, e desde un punto de vista cultural-comercial é case irrelevante.
Desde unha prespectiva comercial, nembargantes, é comprensible que se diga que os metrosexuais son heteros- despois de todo, a publicidade busca persuadir tantos homes como poida para que relaxen os seus esfínteres, e dicirlles no oido que non é nada gai que o consumismo inducido polas grandes empresas lles dea polo cu. O cal, ironicamente, é certo.
Son os metrosexuais realmente homosexuais latentes?
Realmente faríalles a vida máis fácil e menos complicada aos retrosexuais se isto fose así - xa detectei que en certos círculos –digamos- algo pechados-, metrosexual se converteu noutra forma de dicir "homo" ou "maricas". Desafortunadamente para eses tipos ameazados –e tamén para min- isto é só un desexo, un pensamento homófobo elaborado na casa. De feito os metrosexuais hetero son posiblemente menos latentes cos retrosexuais. Son, despois de todo, máis abertos na súa capacidade de flirtear. A súa identidade non se basea nun constante rexeitamento da homosexualidade. O que os retrosexuais atopan repugnante no metrosexual é a súa invitación a que os miren – unha mirada á que non se lle pode poñer xénero nin heterosexualizar. Son uns narcisistas que aplican a igualdade de oportunidade con quen os mira.
O homoerotismo, máis que a homosexualidade é unha parte obvia e inevitable do narcisimo masculino – xusto como pasa co narcisismo feminino, de aí o "chic lésbico". O que é unha das razóns polo que foi desautorizado durante tanto tempo. Isto non quere dicir que a maioría dos metrosexuais desexen ir á cama con outro home –nin sequera incluso para partillar xenerosamente a súa beleza coa outra parte da humanidade tan falta dela-, é simplemente que non sinten necesariamente repulsa polo corpo masculino da mesma maneira os retrosexuais, que non paran de repetilo. Por extensión, o seu interese nas mulleres non está necesariamente movido polo auto-odio ou a necesidade de demostrar a súa virilidade; é unha cuestión de gusto e de pracer. O que sospeito que moitas mulleres atoparan un alivio, por non mencionar que as pon cachondas. Aínda que tamén é verdade que moitas poden atopar aos metrosexuais demasiado parecidos á súa propia competencia.
...
(De 'MetroDaddy Speaks!', Mark Simpson, en Salon, 5 de xaneiro de 2004)

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home