Grafía

Kooltura resesa.

Outubro 02, 2004

...
Querida Camille:
Non teño problemas para levar mulleres á cama, pero non me podo conter. A noite acaba antes de que poida afrouxar o cinto.
Mortificado en Madison.

Querido Mortificado:
Os ansiosos acólitos da Deusa procededes dunha antiga linaxe. En Cnidos, a famosa estatua de mármore de Afrodita de Praxítele estaba manchada polas exaculacións dun adorador.
Limita a túa excitación imaxinando algo deprimente: como quedar atrapado nun elevador coas líderes da NOW.
--------------------
Querida Camille:
Son unha muller casada de 35 anos. Nos últimos tempos levo fixándome na clase de homes que me gustaban cando tiña 15: macizorros delgados, de cabelo longo, distraídos, con camisa de franela. Podo quedar cun?
Luxuriosa en Los Angeles.

Querida Luxuriosa:
Reflictes exactamente o meu estado de ánimo. Apaña a súa franela mentras poidas. Cando a luxuria se desboca, pode ficar moi lonxe a menopausia?
-------------------
Querida Camille:
Hai pouco fun de acampada ás Catskills con tres colegas. Unha noite apaguei a fogueira mexando enriba. Crín que meus amigos aplaudirían o meu xesto decidido e varonil, pero protestaron sonoramente. A experiencia deixoume con mal sabor de boca.
Rexeitado en Nova York.

Querido Rexeitado:
Freud pensaba que apagar os lumes mexando foi a primeira demostración de habilidade do home antigo. Hoxe, escribir nomes de mozas na neve é o xeito máis practicado de poesía urinada. Amplia o teu repertorio!.
--------------
Querida Camilla:
Son unha muller que ten fantasías de violación protagonizadas por ex-convictos, alieníxenas, líderes de bandas de mutantes post-apocalípticos, etc. Ainda que invento diálogos para os dous sexos, síntome máis "dentro" do personaxe masculino, incluso cando a muller tomou a iniciativa, cousa que sempre ocorre. Son bisexual, sadomasoquista ou simplemente rara?
É isto o inferno?. Non, é Iowa.

Querida Inferno de Iowa:
Fai cinema tan pronto como poidas. As ondas veñen altas na túa voraz libido. Estamos nos noventa cyberpunks, así que lévanos de paseo polo lado salvaxe.
------------------------
Querida Camille:
Son un rapazolo WASP que ten un lío desde hai tempo cun siciliano fornido máis vello ca min. É moi ciumento e di que me "arrincaría o corazón" se me pilla con outro home. Pero admite ter fantasías de me ver facendoo con outros. Outro siciliano entrou en escea. Mordín máis do que podo tragar?
Italófilo en California.

Querido Italófilo:
Dous sicilianos, un coitelo, e un cacho de pan branco. Hum. Máis te vale que tapes o panettone e que teñas á vista a saída de incendios máis próxima.
--------------------------
Querida Camille:
Qué consello me dás sobre o popular pasatempo masculino de acosar verbalmente ás mulleres pola rúa? As entrañas pídenme que lles resposte "A tomar polo cu", mais iso se entendería como unha invitación a continuar o diálogo.
Iracunda en Chicago.

Querida Iracunda:
Nada me poñía máis furiosa durante a miña fase de feminista lesbiana militante hai vinte anos. Agora considero que a rúa é zona de guerra e que as mulleres non deben agardar a superprotección da clase media. As guturais embestidas dos homes son rituais de apareamento primitivos, unha burda homenaxe. Toma a posición mentalmente superior de nai ou profesora e resposta con tranquilo aborrecemento ou con saídas cómicas. Vin mulleres afroamericanas replicar con humor, non con cólera, e gañar o combate.
------------------------
Querida Camille:
Son un músico italiano de rock de vintecinco anos, moi viril. Tiven unha relación profunda, amorosa e sexualmente quente durante tres anos cunha muller nove anos máis vella ca min. Desque rompemos, saín e deiteime cunha chea de mozas. Pero (1) son borralla completamente intelectual; (2) a súa idea do sexo e deitarse na cama coma un cadáver; ou (3) laíanse das súas vidas pero non teñen as pelotas para facer algo ao respeito. Síntome tan frustrado que ás veces desexaría ser gai!
Triste en L.A.

Querido Triste:
Simpatizo contigo. É difícil topar unha boa moza, non creas que non o sei. Semella que o teu gusto está listo para un viño máis maduro (Ver American Gigolo e 'Luxuriosa', máis arriba)
------------------------
AGOSTO
Querida Camille:
Fixen o amor cunha preciosa estudante de doutoramento feminista. Cando chegabamos ao climax, mencionei o teu nome, provocando que todos os músculos do seu corpo se tensaran ao instante. Foi o mellor orgasmo da miña vida. Decátome de que estou explotando o teu nome, mais, impórtate?
Interrogante en West Hollywood

Querido Interrogante:
A presa de arpía da túa compañeira chámase vaxinismo. As lendas populares falan de homes que ficaron atrapados e precisaron de extracción quirúrxica. Usa e abusa do meu nome como gustes. Encántame provocar friccións.
-------------------
Querida Camille:
Son unha muller bisexual que adora apaixonadamente o rock duro e o heavy metal. Os tíos que me gustan só queren as típicas "bonequiñas heavy metal". E as mulleres gai recitan o habitual dogma "feminazi" de que o rock duro é degradante, explotador e misóxino.
Solitaria en Iowa.

Querida Solitaria:
O rock cachondo é a realidade sexual. O novo feminismo afiará os dentes nas cordas do heavy metal. Sobe o volume, e non aceptes un non por resposta.
---------------------
Querida Camille:
Coma adolescente nos Estados Unidos, síntome extremadamente anormal debido a que o meu prepucio está intacto. Teño a sensación de que é raro e pouco patriótico, e sufro. Qué opinión te merece o recorte en serie de prepucios infantís nos Estados Unidos?
Sentíndome Normal en Francfort

Querido Normal:
Cortado ou sen cortar? Torpedo ou con pantalla? Esa é a cuestión. Neste país da aguía calva obsesionado co desodorante, o resplandecente Don Limpo é a nosa malvada marioneta de carne.
----------------------
Querida Camilla:
Estiven ensilvada nunha especialización en literatura comparada durante sete anos e atormentoume a sensación de fracaso por non entender a "xiría da conferencia" do clan de Derrida. Afortunadamente, escapei da infección californiana destes maníacos, mais non sen que unha muller me desmasculinizase ata o punto da exaculación precoz.
Convaleciente en Rancho Mirage

Querido Convaleciente:
Os contaminadores do cerebro cometen crímes conta a humanidade. O Inferno de Dante ten un foxo reservado para os seguidores de Lacan, Derrida e Foucault, que arderan durante a eternidade na súa propia lamada verbal.
------------------------
Querida Camille:
Cando utilizo o urinario da oficina, un dos executivos máis ghilipollas entra, pónse ao meu lado e fálame das cousas máis idiotas posibles. Hai algunha maneira educada de ignoralo, ou deberíalle mollar a perna? Teñen este problema as mulleres?
Mosqueado en Hackensack

Querido Mosqueado:
Ás mulleres encántalles laretar no bater. Aquilo é coma un poleiro. En canto ao teu executivo, pode ser amor?
-----------------------
Querida Camille:
Despois do seu orgasmo con sexo oral, miña moza comeza a rir histéricamente. Qué significa? Toma en serio o meu traballo?
Preocupado en Calgary

Querido Preocupado:
Os estouridos de emoción irracional, como chorar, son coñecidos nas mulleres orgásmicas. Coidado coas Ménades maniáticas! As adoradoras femininas de Dionisio destrozaban cabras e xatos arrincándolles as extremidades coas mans núas.
-----------------------
Querida Camille:
Son un varón gai de 23 anos e tiña pensado someterme a unha operación de cambio de sexo para me facer máis atractivo para un compañeiro de traballo. O meu mozo actual ameaza con deixarme por culpa diso. Pero hai unha muller dentro de min que quere que o faga desesperadamente.
Oscilante en Lompoc

Querido Oscilante:
Envexo a túa capacidade para atraer a multitudes. A túa vida é unha película de Fellini á que só lle falta Anita Ekberg cun gato sobre a cabeza. Aconsellaríate que puxeras a operación en punto de espera. Hai mercadorías que non se poden devolver.
------------------------
Querida Camille:
A miña moza comezou a exacular e eu deixei de facelo. A través do Tantra, intercambiamos combustións espontáneas durante horas nun ritual de resultados abraiantes. Poden exacular todas as mulleres? Estamos a falar de cuncas cheas, non viches un "arco de transcendencia" ata que unha fonte de metro e medio de ambrosía brota da conicha da túa amada.
Electro-Shatizado en Kansas City

Querido Electro-Shatizado:
No Xanadú de Coleridge, un geiser brota dunha fenda, como se a terra tivera un orgasmo. Os cultos pagáns da natureza liberan enerxías titánicas. A exaculación feminina é o último, como demostra Annie Spirnkle no seu vídeo de orxías sagradas, Porcas e Deusas. Usa un paraugas.

(De 'Vamps & Tramps', Camille Paglia, 1994)

2 Comments:

At 7:09 PM, Anonymous Anónimo said...

[url=http://sunkomutors.net/][img]http://sunkomutors.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]from oem software, [url=http://sunkomutors.net/]financial software canada[/url]
[url=http://sunkomutors.net/][/url] microsoft active sync software softwares in canada
download acdsee [url=http://sunkomutors.net/]serialsurfer quarkxpress[/url] adobe photoshop cs3 install without cd tutorial
[url=http://sunkomutors.net/]buy pocket pc software[/url] download nero 9 ultra edition
[url=http://sunkomutors.net/]vista software for sale[/url] android software store
to buy pirate software [url=http://sunkomutors.net/]cheapest software for[/b]

 
At 12:24 PM, Anonymous Anónimo said...

[url=http://sunkomutors.net/][img]http://sunkomutors.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]education discounts software, [url=http://sunkomutors.net/]software stores canada[/url]
[url=http://sunkomutors.net/][/url] good software to buy adobe software australia
software discount program [url=http://sunkomutors.net/]nero 9 free key codes[/url] make to order software
[url=http://sunkomutors.net/]buy front page software[/url] site to buy software
[url=http://sunkomutors.net/]the cheapest software[/url] reasons to use quarkxpress 7
repair windows xp [url=http://sunkomutors.net/]microsoft database software[/b]

 

Enviar um comentário

<< Home

|